A pedra pómez, usos inimaxinables
A pedra pómez é un obxecto moi usado en campos como os de cosmética e dermatoloxía, pero tamén ten outros usos fora deses campos.
Para comenzar teremos que saber que é a pedra pómez, non? Pois ben, a pedra pómez é unha pedra volcánica con diversas formas. Está formada por uns compoñentes que se xuntaron durante o arrefriamento dun magma de alta viscosidade, son resistentes ao frío e ao calor.
Esta pedra ten múltiples usos. Eu poñerei aquí os que me pareceron mais rechamantes e os mais habituais. Nos comentarios podédesme por outros que vos parezan interesantes tamén.
1.Exfoliación da pel. A pedra pómez é un elemento estrela para os pes, ademais de exfolialos elimina os callos e as durezas que poida ter.
2.Depilación natural. Ademais do seu uso exfóliante, tamén está indicada para depilar de forma natural. É certo que non e aconsellable para peles demasiado secas, xa que pode resecar mais a pel.
3. Suaviza as asperezas na piel. Xa sexan manchas, calosidades, pel morta ou escamada, a pedra pómez tamén é un tratamento de frotación perfecto para eliminar todas as impurezas da pel dunha forma suave e sen facer dano.
4. Elimina as boliñas da roupa. Si, ademais de ofrecer tratamentos para a pel tamén se pode utilizar para quitar as boliñas que se forman nos xerseis de lá.
5. Retirar os pelos das mascotas. A maioría das mascotas encántanlles subirse os sofás, deixándoos despois cheos de pelos. Outra utilidade de este instrumento e quitalos.
6. Limpar o forno. Hay moitas formas de limpalo, pero unha de elas é esta. Se non queres utilizar produtos de limpeza, opta por raspar o interior do forno cunha pedra pómez.
7. Limpar o inodoro. Sabias que tamén serve para limpar esa zona amarela que se forma no retrete? Para iso, so necesitas pasar pola zona esta pedra mollada.
8. Sirve como difusor de aceites. Incrible! A natureza desta pedra tamén lle permite transformarse nun difusor de aromas.
E a vos que vos parece os diversos usos que ten esta pedra?
https://www.promofarma.com/blog/belleza-cosmetica/todo-lo-que-no-sabes-de-la-piedra-pomez/
Tags: Cosmetica, dermatoloxía, xeoloxía
Martes 31 de Marzo do 2020 ás 8:59 pm
Pareceume moi interesante a formación da pedra pómez e algúns dos seus usos. Outro uso que me parece interesante é:
1) A pedra pómez, grazas as súas propiedades, pode servir como lixa e podes pasala nos teus mobles de madeira antes de pintalos de novo.
Sábado 4 de Abril do 2020 ás 6:06 pm
A pedra pómez tamén chamada “pumita”, ten outros usos interesantes como son:
- Perfeccionar as túas unllas, utilizando a pedra, xa que serve para limalas e ata para cortar as coticulas.
-Restaurar ese mobles que xa non utilizamos ou que están rotos, limándoos ca pedra e volvéndolle a dar un novo uso.
Domingo 5 de Abril do 2020 ás 10:58 am
O tema que se trata nesta entrada (usos da pedra pómez) resultoume moi familiar.
Un dos usos máis comúns, que xa sabía desta pedra é que se emprega para exfoliar a pel (eliminación de durezas, callos…).
O uso que máis estraño me pareceu foi o da difusión de aceites. Non tiña nin idea acerca deste uso, pero pareceume moi interesante.
Busquei outro uso que non aparece aquí, e que considero que pode ser útil para a nosa vida diaria é que con ela pódense eliminar as cutículas das uñas. A verdade é que non tiña nin idea acerca deste uso, e chamoume bastante a atención.