Descobren plásticos nos cerebros dos golfiños do Mar de Alborán

O descubrimento liderado por Ethel Eljarrat científica do CSIC no Instituto de Diagnóstico Ambiental e Estudos da Auga (IDAEA), revelou a acumulación de plásticos nos tecidos de mamíferos mariños, concretamente nos golfiños procedentes do mar de Alborán. Os científicos atoparon estes plásticos no 100 por 100 de individuos analizados e en diferentes tecidos como a graxa, os músculos, o fígado ou o cerebro chegando a concentracións de ata 25 microgramos por gramo de graxa.

delfines.jpg

Estes plásticos son coñecidos como compostos organofosforados e segundo investigacións poden causar danos neurolóxicos, disrupción endócrina, cancro e problemas de fertilidade. Os maiores niveles destes compostos foron atopados na graxa dos golfiños, mentres que os menores atopáronse no fígado. Dos 12 compostos detectados na graxa, 7 detectáronse tamén no cerebro, onde teñen maior tendencia a acumularse que en outros tecidos.

Estos compostos organofosforados tamén poden utilizarse como plastificantes, este uso e a gran cantidade de residuos plásticos mariños poderían explicar estes elevados niveis de organofosforados nos tecidos dos golfiños. Ademais, o mar Mediterráneo está considerado unha zona de acumulación de plásticos flotantes importantes (uns 423 gramos de plástico por quilómetro cadrado), outro factor que explicaría os elevados niveis de organofosforados.

arco-gibraltar-mapa-kBpH--620x349@abc_2.jpg

Fonte: Vozpopuli

Esta noticia paréceme moi interesante xa que trata unha das grandes preocupacións de hoxe en día, como son os plásticos e como afectan aos animais, neste caso os golfiños e ao seu medio.

-E vos que pensades? -Pensades que os plásticos teñen un efecto prexudicial ou inofensivo nos ecosistemas?

 

Tags: , , , ,

3 Respostas a “Descobren plásticos nos cerebros dos golfiños do Mar de Alborán”

  1. alyssa.v.br Dixo:

    Acabo de rematar de ler esta información é e moi interesante pero a vez tamén moi preocupante todo o que pasa con plásticos hoxe en día.

    Eu penso que os plásticos teñen un impacto moi prexudicial para o ecosistema mariño, xa que moitos seres vivos de este ecosistemas vense afectados polo plástico, creo que a xente tense que mentalizar máis no que está pasando para frear todo este impacto porque si isto sigue desta maneira dentro duns anos xa non quedará nada no ecosistema mariño

  2. laura.t.br Dixo:

    Estiven investigando un pouco e descubrín que cada ano, cerca de oito millóns de toneladas de plástico entran nos océanos do mundo. As imaxes das illas de lixo no océano ou de animais atrapados en residuos plásticos xa están tristemente normalizados.

    Estímase que o tempo de degradación dos plásticos no océano é moito maior que na terra, xa que está menos exposto á luz solar, ás altas temperaturas e ao osíxeno.

    Esta contaminación ten consecuencias sobre o medio ambiente, por exemplo, estímase que cada ano están morrendo máis dun millón de aves e máis de 100.000 mamíferos mariños a consecuencia dos plásticos que chegan ao océano.

    Por estes motivos, é necesario que freemos esta situación canto antes. Gracias Carla polo teu post, gustoume a presentación e que trates estes temas que, a pesar de ser algo tristes, son reais e polo tanto necesarios de escoitar.

  3. alyssa.v.br Dixo:

    Despois de buscar información do plástico nos océanos podo dicir que:

    Os plásticos nos océanos tardan entre décadas e centos de anos e degradarse e dende que chegan aos océanos prexudican a o ecosistema mariño.

    Estímase que máis de 100.000 animais mariños morren pola causa dos plásticos

    Estes atópanse en todas as partes do planeta prexudicando tamén aos humanos. É moi necesario que a xente trate de reducir totalmente o seu consumo nos plásticos como é:

    -Usar bolsas de reciclables
    -Reutilizar envases de vidro
    -Non empregar pallas
    - e moitas outras cousas.

    Como xa dixen no meu anterior comentario, moitas grazas Carla por este post xa que é moi interesante este tema, ainda que é moi trite saber que pasa todo isto.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.