Atopado un método contra o cancro ó estilo do cabalo de Troia.

 

imagen

No cancro é difícil acabar coas células malignas sen danar ó resto das células sas, polo que os científicos levan tempo buscando outros métodos menos prexudiciais para a saúde dos pacientes, e parece ser que atoparon un que acaba coa célula dende o seu interior, o que fai recordar á estratexia tan coñecida como é a do cabalo de Troia.

O método consiste en introducir un catalizador camuflado nun exosoma (membrana que contén as características da célula da que provén), de modo que, xa no interior da célula, produce unha reacción química que libera o anticanceríxeno e mata á célula tóxica. Desta forma, as células sas que están ó seu arredor non sufren as consecuencias.

imagen

Métodos con catalizadores xa se utilizan na vida cotiá, como é o que empregan os coches para convertir os gases que saen del noutros menos prexudiciais para a nosa saúde.

Entón, se xa se utilizaban, formúlase esta pregunta: ¿por que non se probou antes?

A resposta é sinxela: é complicado atopar catalizadores e reaccións que funcionen, e tamén hai que asegurarse de que se leve ó interior das células adecuadas.

Este descubrimento supón un grande avance á hora de tratar con pacientes, xa que así non terían que sufrir os efectos secundarios producidos polos métodos de quimioterapia de hoxe en día, e esperemos que se leve inmediatamente a cabo para así garantir o benestar dos enfermos de cancro.

E vos? Que opinades deste descubrimento? Credes que se vos ocorrería algo similar? non dubidedes en dar a vosa opinión!

 

Tags: , ,

Unha resposta a “Atopado un método contra o cancro ó estilo do cabalo de Troia.”

  1. adan.m.br Dixo:

    Paréceme unha noticia moi interesante e moi ben traballada. Respondendo a pregunta, creo que moitas persoa que comencen a investigar os métodos de tratamento do cáncer e se atopara co problema de prexudicar as células sans que se atopan arredor, se lles podería ocorrer de forma sinxela combater o problema desde o interior das células danadas. O problema é desenvolver o sistema de transporte, o catalizador…

    Tamén me gustaría complementar un pouco a noticia respondendo a unha pregunta que me xurdiu a min léndoa: E como se transportan os catalizadores ata a célula e sen danar as outras?

    Os exosomas segréganse das células envoltas nunha membrana similar en composición ás células das que emanan. Neste caso as tumorais.Esta composición proporciónalles selectividade (tropismo) cara ás células de orixe. Os autores puideron introducir moléculas de paladio nos exosomas das células tumorais sen cambiar as propiedades das súas membranas, que lles conferían o seu tropismo. Cando chegaban ás células tumorais, os catalizadores inducen o paso dun axente quimioterapéutico chamado panobinostato que desactiva a forma activa dos tumores.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.