Un loro xigante viviu fai 19 millóns de anos

O loro máis grande do mundo, de case un metro de altura e sete quilos de peso, viviu fai uns 19 millóns de anos en Nova Zelandia, un lugar coñecido polas súas aves xigantes prehistóricas, segundo un estudo publicado en Australia.

 

imagen

O loro extinto foi bautizado co nome de Heracles inexpectatus, en alusión ó deus-heroe da mitoloxía grega (Hércules, na romana) de extraordinaria forza e o inesperado do seu achado, segundo un comunicado da Universidade de Nova Gales do Sur (UNSW, siglas en inglés) con sede en Sídney. “Heracles, ao ser o loro máis grande, sen dúbida tivo un enorme pico que podía abrir de par en par para o que se lle antollara, e pode que se alimentara con algo máis que comida convencional para loros, incluídos outros loros”, dixo Mike Archer, da UNSW.

Tamén apuntaron que ó estar na cúspide da cadea alimenticia, Heracles puido desenvolver unha dieta moi variada que ía máis alá das froitas.  Os expertos sinalaron, non obstante, que fai 20 millóns de anos non había grandes mamíferos e que, como a maioría de loros, probablemente Heracles se alimentaba de plantas. O loro xigante viviu nun bosque subtropical rico e diverso con moitas especies de palmeiras e loureiros que sen dúbida lle proporcionaban unha rica variedade de froita.

Heracles foi descuberto cerca da localidade de St Bathans, no extremo meridional da Illa Sur neocelandesa entre fósiles que datan de fai 19 millóns de anos. O xacemento, que é coñecido por aloxar fósiles de aves do período do Mioceno, é a única ventá a un hábitat prehistórico con animais e paxaros terrestres que poboaron Nova Zelandia desde que os dinosauros habitaron o noso planeta fai 66 millóns de anos.  Ademais, segundo sinalan os paleontólogos que levan escavando o xacemento durante 20 anos, cada ano atópanse novas aves e outros tipos de animais.

Un descubrimento moi interesante, por que credes que se extinguiu? Credes que atoparán máis novas e sorprendentes especies?

http://www.rtve.es/noticias/20190807/hallan-loro-gigante-vivio-hace-19-millones-anos-nueva-zelanda/1976799.shtml

 

Tags: ,

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.