Correr, a mellor maneira de loitar contra a obesidade

Un estudo realizado a partir dunha mostra de 18.424 persoas de entre 30 e 70 anos conclúe que correr con regularidade é o mellor exercicio para controlar a obesidade en individuos cuxa xenética lles fai máis propensos a esta.

Os resultados desta investigación publícanse na revista Plos Genetics e os seus autores sinalan que, con este traballo, as persoas que herdaron xenes vinculados a aumentar as probabilidades de ser obesas teñen “a esperanza de manter o peso”.

 

imagen

O estudo está liderado por Wan-Yu Lin da Universidade Nacional de Taiwán e no que se identifican os tipos de exercicio que son especialmente efectivos para combater os efectos xenéticos que contribúen á obesidade, explica á revista nunha nota de prensa. Esta enfermidade é unha cuestión “difícil de controlar” en xeral en todo o mundo porque, recordan os científicos, é o resultado das interaccións entre a xenética e o estilo de vida dunha persoa.

Os médicos a miúdo recomendan o exercicio, pero non está claro, engaden  os autores do estudo, que tipo de exercicios son os mellores para frear o aumento de peso en individuos cuxa xenética os fai máis propensos á obesidade. Con esa premisa, os investigadores analizaron as interaccións entre a xenética e rutinas de exercicios.

Os científicos examinaron, ademais, cinco medidas relacionados coa obesidade: o índice de masa corporal, o porcentaxe de graxa corporal, a medida da cintura, a da cadeira e a proporción cintura-cadeira, e atoparon que trotar con regularidade era o mellor tipo de exercicio para controlar a obesidade, de acordo a estas cinco medidas.

Ademais, viron que o montañismo, camiñar, camiñar con intensidade, certos tipos de baile e longas prácticas de ioga tamén poden reducir, en concreto, o índice de masa corporal en individuos predispostos á obesidade. O traballo revelou que, sorprendentemente, o ciclismo, os exercicios de estiramento e a natación, non contrarrestaron os efectos xenéticos sobre ningunha destas medidas.

En xeral, o estudo suxire que cando se trata de obesidade, a xenética non é onde unicamente hai que mirar, e que os seus efectos poden verse diminuídos con varios tipos de exercicio regular. Os autores tamén apuntan que os beneficios do exercicio físico regular son máis impactantes en aqueles suxeitos que están máis predispostos á obesidade.

Investigacións anteriores demostraron que a actividade física frecuente reduce os efectos xenéticos da obesidade, pero estes estudos centráronse só no índice de masa corporal. Este novo traballo considera outras catro medidas de obesidade que están máis estreitamente relacionadas cos problemas metabólicos, recordan os seus autores. “Dado que a obesidade segue sendo un grave problema de saúde pública, non se pode exaxerar os beneficios do exercicio”, conclúen.

E vos que pensades? Non vos chamou a atención os deportes que se recomendan, e os que non aportan beneficios?

http://www.rtve.es/noticias/20190802/correr-mejor-ejercicio-para-individuos-cuya-genetica-les-hace-mas-propensos-obesidad/1976523.shtml

 

Tags: ,

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.