Os pulmóns artificiais de París
Nun futuro, París terase que enfrontar á redución do uso do transporte contaminante e por suposto á contaminación ambiental xa que un cuarto das emisións de CO2 alí, son por parte de coches. Contra este feito, no canle Saint-Martin pasouse á acción dunha maneira pacífica e reivindicando a beleza.
A xove emprendedora Katarina Dear, especialista no uso de plantas para purificar auga e aire, desenrolou un proxecto que consiste na instalación de pequenas embarcacións, que son plataformas descontaminantes. Trátase dunha plataforma feita con material reciclado sobre a que hai terra na que se plantaron plantas para que as súas raíces somerxidas recubertas por bacterias sirvan como un filtro para atacar a calquera elemento contaminante, por exemplo, os metais pesados.
Katarina é a fundadora da asociación Nature&Us cuxo obxectivo é reconectar as persoas ca natureza. Tamén participou xunto con outras 10 mulleres no programa Womens4Climate, que loita contra o cambio climático. Ela iniciou este proxecto debido á fascinación que ten por protexer o planeta e polas expedicións que realizou o comandante Cousteau, que dicía “a xente protexe aquelo que quere. Pero só quere aquelo que coñece”
A miña conclusión é que debería haber un maior número de xente como esta emprendedora xa que agora mesmo non podemos frear o cambio climático, senón adaptarnos a el e minimizar os seus efectos no noso día a día. Paréceme unha iniciativa moi intelixente para limpar as augas deste canle, ademais de que todo sexa de forma ecolóxica e non contaminante. A min gustaríame participar nunha destas iniciativas, e a ti?
Fonte: El país. 7/04/2019
Sábado 15 de Xuño do 2019 ás 9:39 am
Unha gran noticia Sofía!
Paréceme unha noticia moi interesante e moi actual, xa que hoxe en día as persoas non coidamos a natureza e por iso hai tantas cousas que nos prexudican, como por exemplo, o cambio climático descontrolado, os animais que morren contaminados…
Penso que isto é un gran método para que as persoas empecen a concienciarse da natureza e ter un vínculo con ela. Eu, desde logo, sí que participaría neste proxecto.
Luns 2 de Setembro do 2019 ás 4:37 pm
O cambio climático é unha realidade da que cada vez se notan máis as consecuencias, o aumento das temperaturas e do nivel do mar, a desaparición de especies, os cambios xenéticos, etc., e todas elas son perxudicias para nós. Unha consecuencia moi visible é a contaminación nas cidades, nas que a maioría dos seus habitantes se moven en coche. Isto é moi notable nas cidades máis grandes pero cada vez é máis notable nas cidades con menos poboación. Moitas asociacións están levando a cabo medidas para freala, e o que conta a noticia sobre París é un exemplo. A iniciativa desta moza que consistiu nunha pltaforma totalmente ecolóxica capaz de purificar a auga, debe servir como modelo para todas as rapazas e rapaces que queiran colaborar na loita contra o cambio climático.
Respondendo a nosa compañeira claro que me gustaría participar en iniciativas que salven o noso planeta, aínda que todos podemos colaborar desde os nosos fogares.