Fomos os Homo Sapiens os primeiros en conquistar o “teito do mundo”?
Os científicos chinos e europeos identificaron un fósil que foi encontrado no ano 1980 na cova de Baishiya, que se sitúa na provincia China de Gansu. O fósil que se encontrou son restos da metade da mandíbula inferior e dous molares de un denisovano adolescente dun sexo descoñecido que viviu fai menos de 160.000 anos.
Os denisovanos son unha especie humana con unha cabeza moi grande, os arcos das cellas moi marcados, dentes voluminosos e fronte huidiza descuberta en 2010, que poboou Asia fai miles de anos e ca que os Homo Sapiens tiveron sexo e fillos cando se encontraron, fai aproximadamente 100.000 anos. Froito dos cruces de estas dúas especies, hai unhas gotas do ADN denisovano nos asiáticos, nos nativos americanos e nos habitantes de Oceanía.
Ata agora críase que os Homo sapiens foran os primeiros en ocupar a meseta do Tíbet, ou tamén chamado o teito do mundo, pero o traballo que se realizou na Universidade de Lanzhou coa axuda do equipo de Hublin comprobou, extraendo secuencias de coláxeno de un dos dentes do fósil, que a secuencia de aminoácidos degradada parecía da especie dos denisovanos. Esto, aparte de implicar que non fomos a primeira especie que conquistamos a meseta, quere dicir que probablemente foran os denisovanos os que nos pasaran aos Homo sapiens algunhas variantes xenéticas necesarias para poder sobrevivir en un entorno con pouco osíxeno.
Esta noticia pareceume interesante xa que nunca se me pasara pola cabeza que outra especie conquistara a meseta antes que os Homo sapiens nin que nos pasara as variantes xenéticas para sobrevivir en contornos con pouco osíxeno. A vos que vos parece? Algunha vez pensastes en nisto?
Tags: denisovanos, Evolución, Homo Sapiens
Luns 2 de Setembro do 2019 ás 4:12 pm
Esta noticia chamou a miña atención, pois nunca pensei na posibilidade de que antes do Homo Sapiens houbera outra especie capaz de chegar ata o “teito do mundo” e da que probablemente herdamos algúns caracteres que nos axudaron a sobrevivr naquel ambiente tan hostil. Para saber con precisión se isto foi unha realidade os expertos emprenderon na meseta do Tíbet a busca de fósiles e outros restos que sirvan como probas da existencia dosdenisovanos naquel lugar. Se isto se acaba probando a liña da evolución humana cambiaría e habería que engadir a esta nova especie.