A mala alimentación, a asasina máis letal

Unha de cada cinco mortes en todo o mundo está causada por una mala alimentación. As dietas pouco saudables xa son responsables de máis falecementos a escala global que o tabaco ou outros factores de risco. Segundo un estudo publicado na revista “The Lancet” no que participaron uns 130 científicos de case 40 países, confírmase que as infeccións e os problemas conxénitos xa non son as principais causas de mortalidade, e que aumentan as mortes por enfermidades cardiovasculares, cancro e diabetes.

Os malos hábitos de vida convertéronse na maior ameaza para a saúde mundial, especialmente as dietas desequilibradas, responsables de case 11 millóns de mortes en 2017. Ademais das tres causas principais de mortalidade xa citadas, hai que engadir as doenzas renais, que están relacionadas coa dieta.

imagen

“A mala alimentación é un asasino que non fai distincións”, advirte o doutor Ashkan Afshin, principal autor do artigo; e segundo di estes riscos afectan de forma similar a toda a poboación, independentemente do nivel de desenvolvemento e de poder e económico.

O estudo centrouse en factores directamente relacionados coa alimentación e non tivo en conta aspectos como a obesidade ou o sedentarismo, e sinala que tres factores dietéticos representan máis do 50% das mortes: a baixa inxestión de cereais integrais e froitas e o alto consumo de sodio (polo exceso de sal). O resto de mortes relaciónanse coa presenza excesiva de carnes vermellas, carnes procesadas, bebidas azucradas e graxas trans.

Aínda que España se atopa entre os países con menor mortalidade por riscos alimenticios, o estudo revela que aínda hai marxe de mellora, pois temos datos positivos no consumo de alimentos saudables como as verduras, pero están por debaixo en cereais integrais.

E vós que opinades? Sabiades que a mala alimentacións pode ser a causante de tantas mortes?

Fonte: https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/salud/2019/04/04/5ca5004121efa0876a8b466a.html

 

Tags: , ,

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.