A contaminación ambiental está cambiando a cor do pelo dos monos?

Nunha zona moi concreta de Costa Rica están aparecendo monos ouladores de cor amarela.

imagen

Os científicos relacionan este feito coa contaminación ambiental procedente dalgún agroquímico rico en xofre utilizado nunha  zona moi concreta de monocultivos.O estudo levouse a cabo en España, no CSIC, xa que en Costa Rica non contan con expertos na materia, nin co equipamento necesario.

Analizáronse as proteínas presentes nas mostras de pelo amarelo procedente dun dos primates e atopouse que a eumelanina (pigmento responsable da cor escura nos animais) tiña incorporado na súa composición química grupos de xofres e convertérase en feomelanina (pigmento de cor amarela).

Os científicos aínda non contan con probas definitivas sobre estes feitos. Pero, que pensades? Serán os humanos da zona os seguintes en cambiar de cor? Os primates amarelos xa son máis vulnerables para os depredadores, se os humanos da zona se volven loiros e de pel branca serán máis propensos a padecer un cancro de pel?

Fonte:  https://noticiasdelaciencia.com/art/32837/el-misterio-de-los-monos-amarillo

 

Tags: , ,

Unha resposta a “A contaminación ambiental está cambiando a cor do pelo dos monos?”

  1. antia.br Dixo:

    O cambio climático xa é unha realidade, aínda que moitas persoas non o queiran admitir. Os seres humanos temos moita culpa deste cambio e moitas das nosas accións afectan á flora e fauna, e moitas delas causan danos irreversibles e que non as benefician. O cambio de cor na pelaxe destes monos é unha das consecuencias da contaminación ambiental que nós provocamos; e só o tempo permitirá saber se os humanos tamén sofren este radical cambio. Mentres tanto só nos queda tomar conciencia sobre este problema global e emprender accións para que as consecuencias deste cambio non sexan nefastas para todos os habitantes do planeta.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.