Que causa o insomnio?

É hora de deitarse e o corpo pídeche descanso, cerras as pálpebras e o corpo reláxase… pero a  sensación de desconexión só dura un instante. Unha vez máis, o insomnio aparece e sabes que pasará contigo toda a noite.

Entre un 10% e un 20% da poboación mundial ten problemas para iniciar o sono, espertan a miúdo ou demasiado pronto. Aínda que hai diversos factores ambientais, como o estrés, o abuso do alcohol ou outras substancias psicoactivas, estudos con xemelgos demostraron que boa parte do problema está nos xenes.

Resultado de imagen de insomnio

Realizáronse dous estudos independentes con datos combinados de case 1,8 millóns de persoas para demostrar a complexa base xenética do insomnio. Ambos estudos descubriron que parte destes xenes interveñen na función dos axóns cando levan o impulso nervioso as células xa que o realizan en exceso.

Pareceume unha noticia interesante porque nunca cheguei a pensar que o insomnio estaba relacionado cos xenes, senón por outras causas. A que vos nunca pensastes que puidera ser causado por iso?

Fonte: El país

 

Tags: , , ,

4 Respostas a “Que causa o insomnio?”

  1. sara.a.br Dixo:

    Unha noticia moi interesante! Sempre creín que as causas do insomnio só eran as preocupacións que temos e as cousas que nos suceden no noso día a día, pero nunca cheguei a pensar que este poidera ser transmitido polos xenes,e pareceume algo moi curioso.

  2. andres.br Dixo:

    Esta noticia sorprendeume e fíxome pensar moito, xa que a crenza popular e o que eu pensaba ata agora era que o insomnio debíase ao estrés, no meu caso e no da maioría dos estudantes por culpa dos exames, dos deberes e en xeral dos problemas sociais, pero nunca me imaxinaría que podería ser un tema principalmente de xenética, pareceume una noticia moi interesante!

  3. mateo.br Dixo:

    Está claro Nerea, este é un exemplo máis de que a xenética vai influír moitísimo no desenvolvemento da nosa vida.
    Na miña opinión, nós podemos facer moito, tendo hábitos de vida saudables pero sempre vai haber unha compoñente xenética que cada un de nós levamos incorporada “de fábrica”.

  4. antia.br Dixo:

    O insomnio é un problema que sufrimos moitos estudantes debido ao estrés do día a día. A verdade e que me paso moitas horas na cama dando voltas, incluso podo chegar a estar moi cansada pero despois dun cuarto de hora na cama, esa sensación esvaécese e paso toda a noite desperta. Si que me pareceu unha noticia interesante, pois non me imaxinaba que este problema puidera estar relacionado cos xenes, sempre pensei que dependía de factores externos como o son o estrés ou o consumo de substancias que causan problemas de sono. Quizais o descubrimento desta relación poida permitir que despois de facer un estudo xenético a persoas que o padecen, un doutor poida chegar a tratar este transtorno de maneira personalizada.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.