Morre unha balea despois de tragar 40 kilos de plástico
Un equipo de biólogos, en Filipinas, descobren dentro do estómago desta balea un enorme vertedoiro, 40 quilos de bolsas de plástico. Este equipo de biólogos descubrírono cando xa estaban a investigar a causa de morte dun cetáceo nesa mesma costa. Afirman que esta balea contén a maior cantidade de plástico que eles viron ata o momento.
Nos últimos dez anos xa se encontraron 57 baleas e delfíns mortos por inxestión de plásticos e outros tipos de lixo. O dano que o plástico lle causa aos animais mariños é moi grave, eles reducen o consumo de comida e prodúcenselles úlceras e perforacións nos seus órganos dixestivos, e en moitos casos estas lesións acaban na morte.
Eu penso que o Goberno debería tomar a iniciativa contra quen seguen tratando as vías acuáticas e os océanos como vertedoiros. Desde 1960 ata 2015 isto multiplicouse por 200 e aínda que os principais produtores de plástico sexan os países desenvoltos, os de ingresos medios e os baixos xestiónano peor e contaminan máis.
Hai que solucionar este problema canto antes, vos que pensades ao respecto?
Fonte: El país
Domingo 19 de Maio do 2019 ás 7:28 pm
É unha pena que estean morrendo tantos animais por culpa do plástico. As persoas podemos evitar que isto siga pasando e os gobernos tamén poden axudar. Debemos buscar todas as solucións posibles para este terrible problema que afecta a todo o planeta. Eu xa estou tentando utilizar a mínima cantidade de plástico posible para evitar que os meus plásticos terminen no mar.
Luns 20 de Maio do 2019 ás 6:13 pm
Esta noticia realmente fíxome reflexionar sobre o mal uso que lle damos ao plástico e o pouco coidado que temos cos animais e co noso entorno.
Na miña opinión, creo que deberíamos deixar de usar bolsas de plástico, que tardan en degradarse de 100 a 200 anos, e comenzar a usar bolsas feitas con materiais biodegradables, como son o papel e o cartón, que tardan moi pouco en degradarse e, polo tanto, non afectan nin aos animais nin ao medio ambiente.
Domingo 26 de Maio do 2019 ás 8:14 pm
Por suposto que é importantísimo que os gobernos se involucren en solucionar este problema. De feito paréceme que un bo comezo foi que aprobasen a lei que entrou en vigor fai uns meses e que prohibe ós establecementos públicos dar gratis bolsas de plástico. Así polo menos se a xente ten que pagalas seguramente terá máis coidado de reciclalas e non tiralas.
Martes 3 de Setembro do 2019 ás 4:37 pm
Por suposto que hai que tomar medidas para rematar con este problema. Os animais sofren as consecuencias dun problema que os habitantes do planeta, sobre todo os dos países desenvolvidos, estamos causando. Moitas veces, noticias relacionadas coa aparición de peixes e outras criaturas acuáticas que morreron debido a que se contaminaron con plásticos, forman parte dos informativos. É increíble pensar que no Pacífico se atopa unha illa de plástico dun tamaño moitas veces superior ó do noso país, e que ninguén está facendo nada para que desapareza. Penso que chegou a hora de actuar, debemos concienciarnos e cada vez que teñamos un plástico pensar na cantidade de anos que tarda en desintegrarse e non tiralo ao chan, e creo que as institucións deberían comezar a poñer os medios para que os océanos volvan a estar limpos e cheos de vida.