Coñecedes á mona Grady?

 Hoxe en día, máis do 70% de nenos con cáncer logran “sobrevivir” pero aproximadamente un 30% será infértil ao chegar a idade adulta, xa que o seu esperma non é capaz de fecundar debido aos tratamentos (quimioterapia) que destrúen esas células reprodutoras. Porén unha investigación dunha universidade de Pittsburgh descubriu unha solución para que eses nenos poidan ser fértiles.

O proceso chamado, intervención masiva, que fixeron foi que criopreservación, é dicir, conxelan a baixas temperaturas, tecido testicular de macacos rhesus xovénes para producir esperma. Despois cando se acercan a puberdade volven a implantalo e mantívose alí durante 12 meses. Logo ao volvelo extraer comprobaron que, gracias a testosterona do tecido testicular dos monos (que foron castrados) foron capaces de producir esperma. Finalmente, fertilizaron 138 óvulos, conseguindo un 40% de embrións viables. Implantaron 11 de eles en femias de macacos e un deles converteuse nun embarazo. Aí foi cando naceu a mona chamada Grady, iso, quere dicir que foi posible preservar a fertilidade.

imagen

Os investigadores xa pensaron na técnica de uso para as persoas, pero solo valería para aqueles que teñen o risco de azoospermia (ausencia de espermatozoides maior). Ademais, isto non remata aquí, agora os investigadores teñen que comprobar si é igualmente efectiva nos individuos que conservan os testículos e se ao implantar o tecido previamente criopreservado poidan volver implantarse células canceríxenas.

O risco de infertilidade é un problema en pacientes oncolóxicos prepúberes, non vos parece un gran avance para a ciencia? Que opinades disto? Será aplicable pronto para as persoas que teñan esta enfermidade? Non vos parece preciosa Grady?

Fonte: El Mundo

 

Tags: , ,

Unha resposta a “Coñecedes á mona Grady?”

  1. antia.br Dixo:

    Claro que é un gran avance para a ciencia! Hoxe en día o cancro infantil é moi común, e debido aos tratamentos agresivos, moitos deontes sufren efectos secundarios, un exemplo no caso dos rapaces é a infertilidade. Grazas as probas que se fixeron nos monos, pode que chegue a ser posible que os rapaces que tiveron cancro poidan ter fillos. Pero para que isto sexa posible, os científicos deben probar isto en máis monos e incluso noutros animais parecidos a nós, ata que a técnica estea o bastante desenvolvida para probar en seres humanos; e se todo vai ben pode que isto pronto chegue a ser unha realidade. Sen dúbida, o nacemento de Grady é unha boa noticia para que eses rapaces poidan chegar a formar as súas propias familias.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.