As tartarugas en perigo de extinción?
Un estudo realizado por sete investigadores de Canadá, Estados Unidos e Sudáfrica afirman que debido ao aumento das temperaturas as proporcións de machos e femias nas poboacións de tartarugas pintadas van a variar.
O sexo nas tartarugas pintadas depende da temperatura ambiente mentres se encontran dentro do ovo. Se están expostos a temperaturas máis cálidas, tenderán a producirse femias, en cambio a temperaturas máis frías facilitan que nazan machos. Polo tanto o incremento das temperaturas elevaría a proporción de femias ao nacer e produciríase un colapso na poboación e posiblemente a extinción da especie. Isto mesmo tamén ocorre nalgunhas especies de crocodilos, lagartos e tuátaras.
Esta noticia pareceume bastante seria xa que o tema do cambio climático parecía que nos ía a afectar nun futuro, pero xa está aquí!
Fonte: El país
Tags: extinción, Temperatura ambiente
Domingo 26 de Maio do 2019 ás 8:06 pm
Cando se comezou a falar das consecuencias que o cambio climático tería para a Terra eran moitas as persoas que pensaban que non eran máis que tonterías pero estas consecuencias xa son visibles a simple vista. Na actualidade as estacións xa non están tan marcadas. Podemos ver que moitas veces no mes de xuño segue chovendo e sen embargo chegamos a outubro ou novembro e seguimos tendo sol. Tamén as árbores florecen varias veces ó ano debido ós cambios de temperatura. Sen ir máis lonxe o outro día saía nas noticias que avistaran un tiburón nas costas galegas.
Todas estas rarezas son consecuencias dos malos hábitos da humanidade. Eu penso que deberíamos tomarnos en serio este problema e aportar o noso gran de area para poder frear a catástrofe que se nos ven enriba.
Martes 3 de Setembro do 2019 ás 4:20 pm
Cada día vemos que o cambio climático xa é unha realidade, e as súas consecuencias xa se notan en todo o planeta: aumento das temperaturas e do nivel do mar, a contaminación nas cidades ou a extinción de especies, son algúns deles. Esta noticia é un exemplo dunha especie en perigo de extinción,as tartarugas poden chegar a desaparecer debido as temperaturas extremas que estamos sufrindo, desde unha calor coma a do deserto, ata un frío polar; isto causa un desaxuste na poboación de certas especies e pode levalas á súa desaparación. Penso que isto é un problema moi serio que nos afecta a tod@s negativamente e debemos tomar medidas, desde os gobernos e institucións internacionais ata cada cidadán de a pé.