Xapón volverá a cazar baleas
Xapón acaba de anunciar que decidiu retirarse da Comisión Baleeira Internacional (CBI), un organismo creado fai sete décadas para garantir a preservación destes cetáceos e evitar a súa caza indiscriminada, e comunicou que volverá a caza de baleas con fins comerciais desde o próximo xullo.
A decisión foi exposta polo ministro portavoz do goberno, quen indicou que os baleeiros nipóns volverán as súas actividades nas súas augas territoriais e na súa zona económica exclusiva. Tamén dixo que a caza de baleas se levará a cabo de acordo co dereito internacional e dentro dos límites de captura calculados de acordo co método adoptado pola CBI.
Xapón era membro da CBI desde o 21 de abril de 1951 e ata agora respectara as normas propostas, aínda que segundo organización animalistas realizaban unha caza comercial encuberta.
A retirada do Xapón desta organización é o resultado dunha serie de ameazas tras intentar convencer a outros integrantes co fin de modificar a moratoria na caza de baleas e permitir unha pesca regulada pola CBI.
A pesar desa moratoria, Xapón seguiu capturando baleas en augas do Océano Antártico e no Pacífico Norte, pero supostamente con fins científicos.
A CBI está integrada por 89 países e a decisión do goberno nipón segue a outras nacións que anteriormente se retiraron desta institución. Canadá, po exemplo, abandonou esta comisión en 1982 por desconformidade cos métodos para definir a moratoria, a pesar que non tiña intereses na industria baleeira. Ademais, esa nación prohibiu en 1972 a caza deses cetáceos.
Sen dúbida esta non é unha boa noticia, pois matar a estes animais con fins comerciais supón a volta a prácticas que atentan contra os animais e penso que se debería penalizar ao Xapón pola tomas desta decisión. E vós que opinades?
http://www.rtve.es/noticias/20181226/japon-se-retira-comision-protege-ballenas/1858920.shtml
Tags: caza comercial, maltrato animal, Xapón
Venres 17 de Maio do 2019 ás 7:01 pm
Sen dúbida, esta é unha triste noticia, compañeira!
Como ti mesma indicas, se se recuperan prácticas daniñas para os animais, o conxunto da especie humana estará dando un paso atrás, pois nos últimos tempos parecía que as persoas estábamos cada vez máis concienciadas con este tipo de actividades. Polo que explicas na túa noticia, xa había sospeitas de que Xapón, a pesar de formar parte da CBI, seguía a cazar baleas de maneira ilegal; isto, fíxome reflexionar a cerca dos poucos recursos que se destinan a frear a caza das baleas. Isto é, si nós os cidadáns non nos manifestamos en contra destas prácticas e os gobernos as fomentan para obter beneficios económicos, o resultado será a desaparición desta especie. Ademais, hai outro aspecto da noticia que me preocupa, e é que Canadá, aínda non tendo interese en cazar baleas, rompeu o acordo da CBI, o que fai pensar que tal vez as súas normas deben ser revisadas!
Domingo 19 de Maio do 2019 ás 7:34 pm
Paréceme unha terrible decisión porque están axudando a que as baleas terminen por desaparecer. Parece que non pensaron as consecuencias que vai ter a legalización da caza de baleas. Estou de acordo contigo en que Xapón debería ser penalizado por esta decisión e ademais debería ser presionado por outros países para que volva a prohibir.