AS CÉLULAS PODEN CAMBIAR DE “TRABALLO”

      Os investigadores da Universidade de Xinebra (UNIGE) demostran a facilidade de algunhas células pancreáticas para producir insulina. Na diabetes este tipo de conversión celular podería compensar a perda ou difusión das células que producen naturalmente esta hormona, segundo o resultado do seu traballo. O páncreas humano alberga varios tipos de células endócrinas (alfa, beta, delta,épsilon e & Upsih;) que producen diferentes hormonas responsables de regular os niveis de azucre na sangre. Estas células  agrúpanse en pequenos grupos, chamados illotes pancreáticos ou illotes de Langerhans. A diabetes  prodúcese cando, en ausencia de células beta funcionais, os niveis de azucre no sangue se descontrolan. Na Facultade de Mediciña de UNIGE, o profesor Pedro Herrera e o seu equipo xa  demostraran, en ratos, que o páncreas ten a capacidade de rexenerar novas células de insulina a través de un mecanismo espontáneo de cambio de identidade de outras células pancreáticas. Pero… Que pasa co ser humano?

 

imagen

E vos, que pensades? Poderá ser posible isto no ser humano?

Fonte:www.teinteresa.es

 

Tags: , ,

3 Respostas a “AS CÉLULAS PODEN CAMBIAR DE “TRABALLO””

  1. nerea.a.br Dixo:

    A tua noticia paréceme de gran interese porque se iso se demostrase en humanos, sería un gran avance na medicina para as persoas que padecen diabetes, xa que non terían que administrar insulina constantemente grazas a función do páncreas no noso corpo.

  2. tania.br Dixo:

    Unha noticia moi interesante! A túa noticia amosa, unha vez máis, que a ciencia non para de atopar novos e importantes avances que mellorarán no futuro a vida das persoas. Como se pode deducir da noticia, non temos a totalidade do coñecemento do corpo humano, pois dun elemento tan investigado como son as células, non paramos de descubrir novas cousas. Hoxe en día, son moitas as persoas que sofren diabetes, o que é máis, van en aumento, por iso, avances coma este son un gran logro, mesmo aínda que só foran probados en ratos polo de agora. As persoas que sofren esta patoloxía teñen que estar constantemente pendientes dos seus niveis de azucre en sangue, xa que pode ser moi perigoso unha alteración nos devanditos niveis, e teñen que inxectarse insulina a miúdo. Con este avance, quizáis sería posible que estas persoas tiveran unha vida máis despreocupada.

  3. antia.br Dixo:

    Sen dúbida, este é un descubrimento moi interesante e que pode axudar a que moitas persoas teñan unha vida practicamente normal!
    Este é un novo exemplo de como a ciencia avanza para mellorar a vida das persoas. Neste caso, conseguiuse avanzar na investigación dunha doenza que afecta a numerosísimas persoas no mundo, das cales moitas teñen que estar pendentes constantemente da administración da insulina. Se os resultados aos que se chegaron nos ratos, se conseguen demostrar en persoas que padecen diabetes, penso que se poderá conseguir que esta xente poida chegar a vivir sen a preocupación de inxectarse a insulina, e deste modo evitáranse problemas maiores consecuencia do esquecemento ou mala administración desta hormona. Só saberemos se isto é posible se a investigación continua!

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.