A Lúa é un anaco de Terra?

Unha nova teoría desenvolvida por investigadores da Universidade de Harvard (Estados Unidos), afirma que a Lúa formaba parte da propia Terra ata que a súa masa saíu disparada ó espazo, durante unha colisión con outro corpo.

imagen

No momento no que se formou a Lúa, a Terra tiña forma de esferoide e xiraba sobre si mesma moito máis rápido do que rota hoxe en día. Un impacto da Terra contra un corpo  dun tamaño equivalente a metade de Marte causou unha escisión de material suficiente como para formar outro corpo, a Lúa. Isto explica as masas da Terra e da Lúa, a baixa composición en ferro do satélite e a composición química tan similar dos seus mantos.

Parécevos que será esta a teoría definitiva? Se isto foi así, pensades que podería haber outro impacto e formarse outro satélite? Credes que podería haber un impacto tan grande como para destruír a Terra?

FONTE:  https://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/la-luna-es-un-trozo-de-tierra

 

Tags: , , ,

5 Respostas a “A Lúa é un anaco de Terra?”

  1. hugo.b.br Dixo:

    Na miña opinión se posúen características tan similares pode ser posible que si existise ese impacto do cal se separou ese anaco que deu lugar a Lúa polo cal esta teoría paréceme bastante razoable. Respondendo a tua pregunta de se creo que pode haber outro choque que dea lugar a un novo satélite penso que sería posible xa que como sabemos hai planetas como por exemplo Marte que teñen varias lúas. Quizais tamén fosen resultado dun choque coma este.

  2. laura.b.br Dixo:

    Esta noticia paréceme moi interesante xa que a primeira “idea moderna” acerca da formación da Lúa exposta por George Darwin dicía que a Lúa debeuse separar cando a Terra aínda era una bola fundida en rápida rotación e hoxe en día xa se está avanzando nas diferentes hipóteses, respondendo a túa pregunta, penso que esta aínda non vai ser a teoría definitiva pero si que as seguintes teorías partirán de esta.

  3. tania.br Dixo:

    A túa noticia pareceume moi sorprendente! Ben é certo que explicar de que maneira sucederon as cousas hai millóns de anos non é unha tarefa nada doada, por iso existen moitas teorías distintas para explicar un mesmo fenómeno. O caso da formación da lúa non é unha excepción. Persoalmente, nunca antes oíra falar desta teoría que nos contas na túa noticia, pero tendo en conta os datos que ofreces, podería ser posible. Eu, non penso que as similitudes na composición da terra e da lúa sexan simple coincidencias, por iso confío en que os investigadores poidan algún día chegar a unha teoría definitiva, mais, respostando á túa pregunta, non penso que esta sexa a última, pois aínda queda moito por descubrir.

  4. arian.br Dixo:

    Ola Mateo, a túa noticia paréceme moi curiosa e nunca escoitara falar desta teoría, sobre o anaco de terra na lúa e as súas características en común. Ao meu parecer, non creo que sexa a derradeira hipóteses sobre como se creou o noso satélite, tamén é verdade que os próximos investigadores afondarán nesta teoría e dentro dalgunhas décadas saberemos os acertos e os erros. Eu creo que neste mundo pode ocorrer calquera cousa, por eso penso que podemos ter máis de un satélite como os hai noutros planetas e respondendo a última pregunta que fixeches creo que é moito máis difícil que se destrúa a terra.

  5. antia.br Dixo:

    Esta noticia é unha nova mostra do avance da ciencia! A investigación espacial é unha das principais liñas de investigación científica, e pretende explicar feitos que ocorreron fai moitos millóns de anos, así como as orixes dos planetas e da vida no noso. Un destes feitos é a orixe da lúa e moitas veces se falou da similutude da súa composición coa do noso planeta. Esta nova teoría, da que non escoitara falar, paréceme bastante acertada e lóxica, pois sábese que ao longo dos anos cambiaron moitas cousas no universo debido ás explosións e choques entre corpos. Respondendo as túas questións, penso que non vai ser unha teoría definitiva, pois neste campo os descubrimentos son constantes e as teorías avanzan segundo estes. Con respecto as dúas últimas, son cousas que non se poden predecir, pero o universo está en constante cambio e todo pode chegar a ser posible.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.