Os edulcorantes non son a alternativa saudable do azucre

Nos últimos tempos, o azucre foi moi criticado e pouco a pouco produciuse unha demolición do seu consumo. A sacarosa relacionouse directamente con enfermidades como a obesidade, a caries dental, a diabetes tipo 2 ou alteracións no ritmo cardíaco. Esto, fixo que, moitas persoas substituísen o azucre por edulcorantes (como a sacarina). Agora, os beneficios destes edulcorantes comezan a poñerse en dúbida.

Os investigadores non conseguen poñerse de acordo, xa que, por unha banda, os estudos realizados non teñen a certeza de que os edulcorantes vaian contra a saúde, mais, pola outra tampouco hai probas firmes de que a súa inxesta teña efectos sobre o peso. As investigacións centráronse en observar si os edulcorantes afectaban ao peso, o nivel de glucosa no sangue, a saúde dental, as enfermidades cardiovasculares e incluso o cancro. Os resultados variaron moito dependendo de si as persoas eran adultos ou nenos, e, ademais, non se puideron amosar os efectos destas substancias a largo prazo, o que é interesante, xa que están presentes en moitos dos refrescos que tomamos.

edulcorante

En conclusión, os edulcorantes non son a alternativa ideal ao azucre para evitar a obesidade, a mellor alternativa segue a ser a auga, segundo os investigadores. Porén, a industria dos edulcorantes segue a defendelos.

Quen gañará esta batalla? Sabiades vós desta controversia?

Fonte:  https://elpais.com/elpais/2019/01/03/ciencia/1546508966_277622.html

 

Tags: , ,

3 Respostas a “Os edulcorantes non son a alternativa saudable do azucre”

  1. sandra.br Dixo:

    Paréceme bastante interesante esta noticia xa que non tiña nin idea desta controversia, aínda que moitas veces falei con persoas que tomaban azucre e edulcorantes. Na miña opinión, prefiro o azucre xa que é un produto co que estamos acostumados a tomar en varias comidas e ademais é un disacárido, a sacarosa, é dicir, provén da cana de azucre ou da remolacha no espacio libre… Sin embargo, o edulcorante non e ademais é algo máis novo e penso que ten máis produtos químicos que o azucre.

  2. ines.o.br Dixo:

    Unha noticia moi interesante!
    Aínda que os científicos sempre busquen unha mellora das cousas, as decisións que toman non sempre son as máis correctas porque, as súas predicións poden sufrir variacións nun futuro.
    A substitución dos edulcorantes polo azucre ten varias vantaxes e desvantaxes, e paréceme moi curioso que exista este debate.
    Na miña opinión, prefiro o azucre xa que está presente na maioría dos produtos que consumimos, ata nos máis inesperados.
    Sin embargo creo que os edulcorantes gañarán esta batalla xa que, están protexidos pola industria e estarán máis masificados.
    Moitos son sintéticos, pero algúns como a stevia, están feitos a base das follas dunha planta.
    O meu consello é intentar reducir o consumo de ambos, beber moita auga e realizar exercicio físico.

  3. antia.br Dixo:

    Tal e como relata esta noticia, existe unha controversia sobre o consumo de azucre ou de edulcorantes, da que eu xa era coñecedora. Que opción é máis saudable? Eu penso que a alternativa máis saudable é o azucre branco aínda que hai outras alternativas naturais que tampouco están mal como o azucre moreno ou a panela; mentres que a alternativa menos recomendable penso que son os edulcorantes artificiais, pois ademais de ter un sabor doce demasiado esaxerado, non somos coñecedores dos produtos que estes conteñen. Polo que a miña recomendación e que consumamos azucres naturais sempre nas proporcións adecuadas e deixemos as opcións máis químicas.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.