Deter a metástasis do cancro de mama por fin é posible
Un tumor prodúcese cando as células do corpo comezan a dividirse de maneira incontrolada. Como xa todos saberedes, esta é unha enfermidade moi dura, que, en moitos casos, leva á morte e que, no caso de estenderse o tumor (metástases), se converte aínda nun problema maior. A metástases ten lugar cando un grupo de células que forman o tumor se desprenden deste e viaxan polo sangue, chegando a outros órganos e tecidos , estendendo a enfermidade. Para os médicos, resulta realmente complicado detectar a metástases, o que a fai aínda máis perigosa.
Agora, un grupo de científicos dunha universidade de Suiza acaba de descubrir que cando separan os grupos de células (tamén chamadas Células Tumorais Circulantes), estas perden a súa capacidade de dividirse e xerar un novo tumor. Os científicos aplicaron varios fármacos para tentar separar as células, e comprobaron que unha vez separadas, xa non teñen a capacidade para volver a xuntarse. Deste xeito, conseguiron evitar a metástases dunha paciente con cancro de mama, aínda que o seu obxectivo é que os fármacos tamén se poidan utilizar en fases máis avanzadas, cando o tumor xa está estendido. Ademais, aínda que polo momento os estudos só se dirixen a pacientes con cancro de mama, os investigadores non descartan poder aplicalo a outros tipos de tumores.
Sen dúbida, este é un gran avance para todas as que loitan con esta enfermidade día a día e pode supoñer unha esperanza para moitas destas persoas, mais algúns investigadores piden cautela, xa que non é o mesmo facer algo nun laboratorio que na “vida real”.
Que pensades vós? Credes que este pode ser a fin da metástases?
Fonte: https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/salud/2019/01/12/5c379cea21efa0d1688b462e.html
Tags: avances científicos, cancro de mama, Saúde
Venres 1 de Marzo do 2019 ás 6:40 pm
Sin dúbida algunha, unha excelente noticia Tania!
A verdade é que me sorprendín un montón porque non pensei que iba a chegar o día no que por fin se puidera evitar a metástases. A metástases é algo complicado de levar, xa que, na maioría dos casos non saben ata onde se estendeu…Por desgraza, tiven familiares cercanos que pasaron isto e alégrame moito saber que hai unha solución. Desde logo que espero que isto sea o fin da metástases e oxalá se poida aplicar en outros tipos de tumores pronto!
Martes 26 de Marzo do 2019 ás 8:29 pm
Esto é unha excelente noticia sen dubidalo. Como todos sabemos a metástase é unha das peores consecuencias dun cancro e moitas veces acaba afectando a tantos órganos que @ enferm@ acaba morrendo; pero este descubrimento aporta esperanza e luz para moit@s afectad@s. Non podemos cantar victoria aínda, pero esto supón un enorme avance no tratamento do cancro e quen sabe se co tempo se pode aplicar a outros tipos de cancro e conseguir que a metástase sexa algo que se poida controlar e erradicar por completo; o que faría que a taxa de supervivencia do cancro fose moito maior. Outra mostra de que a ciencia evoluciona constantemente!