Visión de raios X durante as operacións?
Como ben sabedes, nunha operación pode chegar a complicarse por certas circunstancias…
O cirurxián Rubén Pérez Mañanes, descubriu unha técnica para facilitar entre outras cousas as operacións mediante a utilización de capas de información de 3D. Débese empregar unhas gafas de realidad aumentada e tecnoloxía 3D personalizada. Grazas a este descubrimento podemos proxectar capas de información 3D para intervir con máis precisión, podemos saber a posición exacta do problema. Tamén, simplifica a localización e a orientación da intervención , mellora os resultados e acorta o tempo sin ningún risco.
A partir do estudo radiolóxico do paciente elabórase unha imaxe das estruturas anatómicas e da lesión ou tumor que padezca o enfermo. Con iso, imprimimos en 3D unha plantilla que se adapta a un punto anatómico concreto. Esa plantilla leva un marcador óptico que o podemos ver coas gafas e indícalle ao sistema onde se deben proxectar as reconstrucións en 3D. É dicir, isto vese como un holograma sobre o paciente, e si queres podes seleccionar qué capa de información queres ver. Isto permítenos ganar seguridade e precisión.
Esta técnica, probouse con unha paciente que tiña un sarcoma de Ewing na perna (un tipo de tumor), que foi todo un éxito. Este cirurxián cóntanos que a súa sensación é como si tivera raios X. Esta técnica pode utilizarse en diferentes tipos de cirurxía (non só no cáncer) e ademais é moi útil nas operacións que hai zonas de acceso máis difícil. Tamén teñen a posibilidade de utilizar esta técnica a través de un smartphone, en lugar de gafas, co cal sería moitísimo máis económico e facer que a aplicación sexa máis fácil.
Na miña opinión, paréceme un gran avance para a ciencia, xa que as operacións, hoxe en día son moi complicadas e cada vez dentro do noso corpo hai partes novas e son difíciles de atopar. A parte de iso, esta técnica permítelle aos cirurxiáns ter moita máis información, mellorar os resultados, acurtar os riscos e ter máis precisión e seguridade sobre esa enfermidade. Ademais, penso que é bastante útil xa que se pode utilizar en diferentes tipos de cirurxías, non especificamente nunha, e con un marxe de erro inferior a un milímetro.
E vos que opinades deste descubrimento? Estariades dispostos a que utilizaran esta técnica no voso corpo?
Fonte: El Mundo
Tags: capas de información 3D, cirurxián, holograma, raios X, sarcoma de Ewing...
Luns 14 de Xaneiro do 2019 ás 7:18 pm
Unha noticia moi boa e interesante… Como ti ben dis, isto pode ser un gran avance para a ciencia, e paréceme unha técnica bastante útil e eficaz. Na miña opinión, esta técnica facilitaríalle moito o traballo aos cirurxiáns e daríalles aos pacientes unha seguridade maior.
Unha cousa que me sorprendeu bastante foi que se poida usar esta técnica mediante un teléfono móbil, xa que é un aparello que todos temos a man, e esto supón que todo sexa moitísimo máis fácil.
Respondendo as túa pregunta, si, estaría disposta a que usasen esta técnica no meu corpo, porque creo que é moi segura, xa que non ten apenas marxe de erro.
Domingo 20 de Xaneiro do 2019 ás 8:32 pm
Que gran noticia, Sandra!
Coincido totalmente contigo. Cada día os científicos fan novos descubrimentos sobre o noso corpo, e aparecen novas enfermidades que nos poden causar un problema, por iso, é esencial que tamén se realicen investigacións, como esta que nos acabas de contar, para mellorar as técnicas médicas existentes, diminuíndo os seus riscos e aumentando a súa efectividade. Aínda que, na miña opinión, este é un gran avance, polo que lin na noticia só se probou cunha paciente polo momento, así que, respostando á túa pregunta, eu de momento non me poñería nas mans desta nova técnica. Aínda así, seguro que se seguen a investigar e realizar prácticas, estes novos “raios X” se converterán nun recurso moi usado no futuro!
Xoves 21 de Marzo do 2019 ás 8:33 pm
É incrible o rápido que avanza a tecnoloxía nestes días.
Paréceme moi interesante este descubrimento porque en caso de calquera dúbida ou problema durante a intervención poden solucionalo de forma rápida e eficaz. É xenial poder usar un teléfono durante a operación porque ademais de ser económico tamén e un aparello que estamos acostumados a usar.
Eu estaría disposta a que usaran esta técnica en min pero só para algunha intervención leve e sen moito perigo. Se este invento fora probado en máis persoas e todas saíran ben eu deixaría sin dúbida que me operaran de calquera cousa.
Martes 26 de Marzo do 2019 ás 8:40 pm
Aquí outro exemplo da relación entre ciencia e tecnoloxía, que xuntas traballan na mellora da nosa calidade de vida e con invencións como esta, sen dúbida que o están a conseguir. Para un cirurxián este descubrimento debe supoñer unha enorme satisfacción pois poderán realizar as operacións dunha maneira moito máis precisa, cómoda e curta; tamén aporta beneficios ao sistema sanitario pois non suporía moitos gastos, as listaxes de espera diminuirían e os resultados mellorarían; e como non isto supón vantaxes para os pacientes, pois o tempo das intervencións diminuiría e as secuelas destas serían menores. Todo un avance no campo da cirurxía que espero que non en moito tempo estea dispoñible e poidamos aproveitarnos dos seus beneficios.