Por que algunhas partes do corpo humano teñen pelo e outras non?
A medida que os nosos antepasados evolucionaban foron perdendo o pelo corporal ata converterse no único mono espido do planeta. Non obstante, o pelo non desapareceu de todo, se non que se repartiu por algunhas zonas concretas mentres que deixou outras completamente núas. Po exemplo, os brazos e as pernas humanas son (máis ou menos) peludas pero nas palmas das mans e dos pés non hai pelo. Pero, por que? Uns investigadores da Escola de Medicina Perelman da Universidade de Pensilvania cren que encontraron a resposta a esta pregunta fundamental na evolución humana.
As súas investigacións revelan a existencia dun inhibidor segregado no desenvolvemento da pel sen pelo que bloquea unha vía de sinalización que controla o crecemento do pelo. Este inhibidor natural, chamado Dickkopf 2 (DKK2). Unha proteína que se atopa nos tecidos embrionarios e adultos específicos onde desempeña unha variedade de funcións. Para sacar estas conclusións, os investigadores analizaron a pel plantar dos ratos, que equivale aproximadamente o equivalente ao lado inferior da boneca humana, e encontraron que esta proteína estaba altamente expresada; e cando a eliminaron xeneticamente o pelame comezou a medrar.
Algúns mamíferos, coma os coellos e os osos polares, desenvolven naturalmente o pelo na súa pel plantar, o grupo de investigación tamén descubriu que, a diferenza dos ratos, o DKK2 non se expresa en niveis altos na pel plantar dos coellos, o que explica por que o pelame se desenvolve aí. Estes achados suxiren que a produción deste inhibidor en rexións específicas da pel se alteraron durante a evolución para permitir que se formen diferentes patróns de pel con ou sen pelo de acordo ás necesidades do animal.
https://www.abc.es/ciencia/abci-algunas-partes-cuerpo-humano-tienen-pelo-y-otras-no-201811282111_noticia.html
Tags: Evolución, ser humano
Xoves 10 de Xaneiro do 2019 ás 5:15 pm
Unha noticia moi interesante sen dubida, que pode responder a moitas cuestións sobre o corpo humano, unha máquina deseñada case á perfección, gracias á experimentación científica utilizando a pel dos ratos. O que máis me impactou desta noticia foi a existencia dun inhibidor que controla o crecemento do pelo e tamén que este inhibidor se adapte ás condicións do hábitat segundo o animal do que se trate. Gracias a esta noticia, dinme conta de por que os meus gatos lles crece moito máis o pelo no inverno que no verán.