MÚSCULOS ARTIFICIAIS MELLORES QUE OS HUMANOS?
A creación de estes músculos artificiais non imitan aos humanos, se non que os superan con diferencia.
Este avance foi realizado por científicos en Texas, e estes músculos son capaces de expandirse e contraerse en cuestión de milisegundos con aplicarlle un voltaxe, foi descuberto mediante a nanotecnoloxía, é teñen unha composición de millóns de fibras trenzadas entre elas para así lograr un material flexible, resistente e forte, e tamén ten ao seu favor, que será lixeiro xa que con pouco peso deste material pódese cubrir unha gran área no noso corpo.
http://www.novaciencia.com/category/biologia/
Xoves 24 de Maio do 2018 ás 7:46 pm
A nanotecnoloxía é unha parte da tecnoloxía que se encarga da manipulación da materia a escala nanométrica e que está en continuo avance, debido ao gran desenvolvemento tecnolóxico que se está producindo a nivel mundial. Os músculos artificiais son un dos principais avances da nanotecnoloxía no campo da medicina; estánse producindo este tipo de músculos, cada vez máis precisos, flexibles e lixeiros e como se conta na noticia, incluso mellores que os nosos propios músculos. Sen dúbida, queda moito por investigar, pero neste ámbito imos por moi bo camiño!
Xoves 24 de Maio do 2018 ás 9:42 pm
Estes implantes supoñen unha gran axuda para as persoas que non teñen todas as extremidades, estivera lendo sobre o tema pero non sabía que podían superar en forza aos músculos do noso corpo. Algún día, estes nanotubos poderán incluso imitar tendóns ou paredes dalgúns órganos, isto sería unha gran vantaxe que facilitaría a vida de moitas persoas.