Científicos chinos crean os primeiros monos clonados coa técnica da ovella “Dolly”

imagen

A principios de este ano 2018, científicos do Instituto de Neurociencias da Academia Nacional de Ciencias China presentaron os primeiros primates clonados da historia, usando a técnica de transferencia nuclear, que permite desenvolver clons idénticos a partir dunha célula dun so individuo.

Os investigadores usaron un fibroblasto do tecido conectivo dun feto de mona. O núcleo destas células metéronse en óvulos baleiros que, unha vez fertilizados, foron incubados por nais ata que naceron os dous clons, bautizados como Zhong e Hua, que significa nación china.

Os investigadores desenvolveron 109 embrión transferidos con fibroblastos. So conseguiron seis embarazos e de dous deles naceron os dous clons sans. A Clave do éxito foi o uso de epixenéticos que facilitan a reprogramación celular do embrión.

Segundo o director do Instituto de Neurociencias de Shanghai e coautor da investigación, o señor Mu- Mig Poo o obxetivo desta investigación e producir primates para a investigación. Crear grupos de monos xenéticamente iguais, esencial para a investigación de certas enfermidades. Para moitas doenzas, sobre todo mentais necesitamos modelos de animais o mais parecidos os humanos.

Segundo a opinión de Poo, moitas compañías farmacéuticas empregan deceas de miles de monos cada ano en ensaios preclínicos de fármacos. Necesitan moitos animais porque teñen unha xenética moi variada. Usar monos clonados reducirá o número de exemplares nestes estudos, co que neste sentido sería moito más ético.

Creedes que a clonación pode darnos a clave para atopar solucións a enfermidades que hoxe en día son incurables?

Fonte: El País

 

Tags: , ,

4 Respostas a “Científicos chinos crean os primeiros monos clonados coa técnica da ovella “Dolly””

  1. alba.m.br Dixo:

    Esta noticia é moi boa e a min persoalmente interesoume moito. Paréceme unha boa solución o de clonar monos para facer os ensaios de fármacos, pero igualmente sigo pensando que é una esaxeración “maltratar” tantos animais para a experimentación. Contestando á última pregunta penso que si, que ao mellor clonando monos teriamos máis opción a facer probas con xenes iguais e moi parecidos aos nosos, polo que se podería chegar ao fondo de diversas enfermidades.

  2. clara.br Dixo:

    Que loucura! Dos monos aos humanas non hai nada! A clonación pode abrirnos moitísimas portas para chegar ata as solucións de moitas enfermidades, polo que esta clonación é un gran avance para o mundo. Tamén me alegra saber que a opción de monos clonados é máis ética e menos cruel que facer os experimentos con un montón de animais variados. Admito que a posibilidade de poder clonar a unha mesma persoa resúltame un pouco aterradora. Pensar no feito de que a xente comece a ter varios clons, pero por outro lados sería un incrible avance para a medicina e salvaría moitas vidas. Haberá que estar atent@s ás próximas novidades!

  3. antia.br Dixo:

    Pareceume unha noticia moi interesante e ademais está relacionada co tema que estamos dando na clase sobre a enxeñería xenética. Unha parte deste tema foi a técnica da clonación, estudamos o caso da ovella Dolly, moi parecido ao experimento realizado con estes monos. Como dixo Óscar, sería moito máis ético utilizar estes monos clonados ne experimentación con fármacos, para non utilizar tantos animais. Pero para que isto funcione débese mellorar a técnica, xa que un dos problemas que presenta e que os animais que nacen por clonación non viven moitos anos, pois crese que nacen coa idade do ser ao que se lle extraeu o núcleo celular. Respondendo a pregunta, penso que a clonación pode axudarnos a atopar curas a diferentes enfermidades, pero coma xa dixen débese traballar máis na técnica e mellorala.

  4. ines.br Dixo:

    Este experimento supón un gran avance científico, ata o momento fora imposible clonar primates, que teñen un cerebro moito máis similar ao noso, polo tanto grazas a esta técnica poderíanse comprender e tratar moitísimas enfermidades humanas. É moi posible que enfermidades que hoxe son incurables nun futuro teñan diversas solucións.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.