Adeus as bolboretas

Un recente estudo da unión europea descubriu algo que xa moitos no demos conta e é que a cantidade de especies de insectos coma os saltón ,as bolboretas ,as abellas etc… que se encargan de polinizar as plantas que nós consumimos están a decrecer en numero de forma case alarmante levándoa algunhas especies case ata estar en perigo de extinción. Isto xera un efecto en cadea que fai desaparecer as especies que se alimentan deles.

 

imagen

As causas  disto debémolas ao uso de pesticidas extremadamente prexudiciais contra as abellas e outros insectos ademais da continua destrución do seu hábitat natural .

Que opinades de isto? Algunha vez vos puxestes a pensar o difícil que e encontrar una xoaniña cando antes estaban por todas partes?
Fontes :El pais ,https://elpais.com/elpais/2017/09/19/ciencia/1505835144_925754.html

 

Tags: , ,

3 Respostas a “Adeus as bolboretas”

  1. guillermo.a.br Dixo:

    Esta noticia é un bo exemplo da pouca conciencia que teñen algunhas empresas sobre o medio ambiente e amosa que o seu único interese está orientado a obter o maior beneficio económico posible, sen ter en conta as repercusións que teñen as súas accións para a natureza.
    Como xa dixo meu compañeiro Iago, existen unha gran cantidade de especies polizadoras de insectos como as abellas ou as bolboretas que interveñen de maniera crucial, xunto co vento, na reprodución de centos de plantas que forman a base de consumo de moitos animais, incluidos nós. Ademáis, estes artrópodos serven de alimento a outros moitos animais os cales vense afectados pola súa desaparición. Deste xeito, a desaparación destes pequenos, pero moi importantes organismos, polo uso masivo de pesticidas pode levar a destrución total dun ecosistema que tardaria moitos anos en volver a reuperar os seu equilibrio. Na miña opinión, deberíase sancionar severamente este uso desproporcionado dos pesticidas, aínda que supoña una perda de retabilidade na produción de alimentos, posto que actualmente na unión europea xéranse máis alimentos dos que se poden consumir.

  2. maria.p.br Dixo:

    Eu penso que isto é unha importante alarma do medio ambiente cara a nos, por enriba de todo as grandes empresas que so buscan o beneficio hacia eles, e non pensan nas repercusións que poden causar na natureza..
    Penso que, como xa se dixo, a falta destes organismos na natureza é moi importante, xa que a súa función e polinizar plantas que logo nos consumiremos, a perda destes, tamén xera a perda doutros organismos que sobreviven grazas a estes organismos que se atopan en perigo de extinción.

    Na miña opinión, creo que debería ser ilegal o uso masivo dos pesticidas, tendo en conta todo o que eso produce nos organismos e na natureza.

  3. antia.br Dixo:

    A verdade é que non nos decatamos do rápido que se van extinguindo diferentes especies de insectos. Ademais tampouco nos damos de conta do importantes que son para nós, xa que sen a súa polinización moitos dos alimentos que consumimos non existirían e suporía a desaparición doutras especies. Para combater isto, todos os países se deberían poñer de acordo e elaborar unha lei que restrinxa o uso dos pesticidas e todos deberiamos aportar o nos gran de area para que isto non continúe pasando.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.