O TERREMOTO MÄIS DESTRUTIVO

   En Xapón do 2011, produciuse uns dos maiores terremotos con tsunami da historia. 

  O 11 de Marzo foi un terremoto de magnitude 9 na escala de Richter o que creou as olas dun maremoto de mais de 10 metros de altura. Segundo os sismógrafos o terremoto durou uns 6 minutos, un tempo interminable para os habitantes de Xapón oriental. O epicentro do terremoto ubicouse no Océano Pacífico a unha profundidade de 32 km, o que produciu o maremoto que agora falaremos del.    Despois do terremoto localizáronse numerosas réplicas por todo Xapón.

 O terremoto produciuse a causa dun desprazamento entre as placas do Pacífico e a  Norteamericana. Neste caso, a placa do Pacífico subduce baixo a foxa de Xapón, e afúndese debaixo de Asia.

 

imagen

 Tras o terremoto produciuse unha alerta dun tsunami que acabaría coa costa pacífica de Xapón, principalmente, e ademais arrasaría outros países como: Australia, Nova Zelanda, Rusia, Indonesia… Esta alerta do tsunami foi a máis grave na escala local de alertas. No aeroporto de Sandai localizouse unha ola de 10 metros de altura, o que fixo que todo quedase inundado, varrendo coches e       edificios. Como consecuencia  houbo uns 13858 mortos  e uns 14377 desaparecidos.

 

imagen

imagen

 FONTES:  https://es.wikipedia.org/wiki/Terremoto_y_tsunami_de_Jap%C3%B3n_de_2011

                       http://www.elmundo.es/elmundo/2011/03/11/internacional/1299824643.html

 

 

Tags: , , , , , ,

Unha resposta a “O TERREMOTO MÄIS DESTRUTIVO”

  1. alejandro.br Dixo:

    Persoalmente gustoume esta entrada xa que non só se fala do que pasou en Xapón senón que tamén de outros países nos que tamén houbo repercusión do sismo, tamén se fala de riscos, de cifras e de algúns acontecementos locais, como o acontecemento do aeroporto. Creo que se se volvese a repetir na actualidade as cifras serían menores, xa que actualmente Xapón é un dos países que conta con maior número de infraestruturas sismoresistentes, polo tanto o risco sísmico sería menor.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.