A equivocación dos científicos sobre Marte
O planeta vermello cada día sorpréndenos máis, demostrouse que os volcáns se formaron 1.000 veces máis lentos que os terrestres. Marte empezou a formar os seus volcáns activos nun período da súa evolución, pero a partir duns análises dos restos duns meteoritos determinaron que os actuais volcáns de Marte formáronse con maior lentitude que os terrestres.
Os seus volcáns teñen a mesma estrutura cos da Terra ao estaren formados pola maior parte de columnas de material ascendente debaixo da codia chamadas plumas de manto. En Marte a codia que se encontra sobre as plumas de manto non se move a diferencia da Terra, como consecuencia as erupcións prodúcense no mesmo punto da superficie durante máis tempo e chegan a formarse volcáns de grandes dimensións.
Ao determinar a idade de meteoritos que se xeraron a partir dun impacto na superficie de Marte fai 10,7 millóns de anos, os científicos puideron determinar o ritmo de crecemento do volcán.Os autores de este descubrimento consideran que redefine o noso coñecemento sobre o vulcanismo en Marte e suxire que o planeta roxo comezou a estar activo a nivel volcánico antes do que se pensaba ata agora.
Vós creedes que este novo descubrimento era imprescindible para entender a evolución do planeta vermello?
FONTE DE INFORMACIÓN: http://www.rtve.es/noticias/20171003/marte-tuvo-volcanes-activos-antes-se-pensaba/1625682.shtml
Tags: científicos, marte, Terra, volcáns
Domingo 29 de Outubro do 2017 ás 7:03 pm
Gustoume moitísimo este artigo e pareceume moi interesante, quedei moi sorprendida xa que nunca antes parárame a pensar sobre o vulcanismo en Marte, nin sequera pensei que podía chegar a haber volcáns neste planeta. Respondendo á pregunta, eu penso que este descubrimento é necesario non só para entender a evolución de Marte senón que tamén para entender o propio planeta de por si e as súas características. Espero que os científicos continúen aportándonos máis descubrimentos como este para poder coñecer por completo un planeta cheo de curiosidades.
Sábado 11 de Novembro do 2017 ás 11:59 am
Esta noticia subida pola miña compañeira pareceume moi interesante e por iso decidín buscar máis información e atopei o seguinte:
Os grandes volcáns de Marte recordan aos volcáns hawaianos. Ambos teñen erupcións efusivas que son relativamente silenciosas e de natureza basáltica. Tamén posúen un cráter fundido e longos ríos de lava. A maior diferenza entre os volcáns marcianos e os terrestres é o tamaño. Os ríos de lava marcianos son tamén moito máis longos. Isto é debido probablemente aos períodos eruptivos máis longos e a unha gravidade máis baixa.