Proteína queima-graxas?

¡Atención todos: remataron as dietas baixas en graxas!

Un equipo de investigacións  (Chamado CNIC) descubriu unha nova proteína que podería servir como futuro terapéutico para reducir a obesidade.

imagen

Esta proteína chámase MKK6 e impide a transformación de graxa branca (acumuladora de lípidos) en graxa marrón (queimadora de lípidos). Desta forma, aumenta a obesidade, xa que as persoas obesas son incapaces de transformar a graxa branca en graxa marrón, e todo é debido a esta proteína.

A obesidade é un gran problema que padecen aproximadamente unhas 2.200 millóns de persoas na actualidade. O grupo de investigacións analizou mostras de graxa de certos pacientes que padecen esta enfermidade e descubriron que a proteína MKK6 está presente en maior cantidade da habitual.

Os investigadores demostraron que, si esta proteína se eliminase na xente obesa, provocaría un inmediato descenso de peso, xa que a graxa branca transformaríase con moitísima máis facilidade en graxa marrón. Todas estas investigacións apuntan a que eliminar a proteína MKK6 do corpo humano podería converterse nunha diana terapéutica para frear esta enfermidade.

Despois de que estas investigacións se fixeran públicas, moita xente expresou a súa oposición  dicindo que eliminar unha proteína que o corpo crea de forma natural é un método moi brusco e violento. E vós, que opinades? Considerades este método moi brusco ou parécevos unha boa idea?

Fonte(s):   CNIC - 11 Oct 2017 , ABD Salud - 11 Oct 2017 , IDEAL - 16 Oct 2017.

 

 

Tags: , , ,

2 Respostas a “Proteína queima-graxas?”

  1. guillermo.a.br Dixo:

    Unha noticia moi interesante, pero ao mesmo tempo chea de polémica. Neste post miña compañeira Cristina nos conta como un grupo de investigadores descubriron o que algúns poderían considerar como “a causa da obesidade no corpo humano”. Resulta que este causante é unha proteina sintetizada polo noso corpo que se ocupa de impedir a transformación natural que fai o organismo de graxa branca a graxa marrón, ou tamén denominada graxa parda. Ao parecer, tamén descubriron que as persoas cunha elevada proporción desta proteina no seu organismo son máis propensas a ser obesas, xa que lles “costa máis” transformar a graxa branca en graxa parda. Debido a isto, os investigadores chegaron baraxar a posibilidade de eliminar esta proteina do organismo co fin de “erradicar a obesidade” da nosa sociedade, un dos maiores problemas de saúde nos países do primeriro mundo, incliuda España e, máis concretamente, Galicia , que é a rexión con maior índice de obesidade da península.
    Na miña opinión, a idea dun medicamento capaz de curar a obesidade resultame incoherente e incluso contraproducente; a obesidade é una enfermidade que na meirande parte dos casos débese a uns malos hábitos alimenticios ou por culpa de levar un modo de vida insano, polo que a súa única cura viable debería consistir en ter unha dieta variada e equilibrada ademáis de practicar exercicio con regularidade. A existencia dun medicamento como o descrito polo investigadores desta noticia solo serviría para que as persoas que teñen estes garves trastornos na súa conducta non aprenderan nada deles, o cal acabaría sendo perxudicial para o pacinete xa que no se daría conta das desvantaxes de non levar un modo de vida saudable.

  2. maria.p.br Dixo:

    Cristina infórmanos de que uns investigadores descubriron en mostras de graxa de pacientes con obesidade que había unha gran cantidade da proteína chamada MKK6, esta proteína é supostamente a culpable de que aumente a obesidade, porque impide a transformación de graxa branca que é a graxa que acumula os lípidos, en graxa marrón que é a que queima os lípidos.

    Eu penso que a eliminación desta proteína do corpo non é una boa idea, xa que si xa se encontra nel de maneira natural non é lóxico que por querer evitar que unha enfermidade, como é a obesidade aumente, eliminemos una proteína propia de nos.
    De feito, a enfermidade da obesidade na maioría dos casos e producida por un mal hábito alimenticio ou unha vida sedentaria, se eliminaramos a MKK6 do noso corpo, xa non nos veriamos obrigados a manter una vida sa e eso penso que tampouco sería bo para nós, eu creo que pode haber moitas solucións mellores para que a obesidade non aumente que a eliminación desta proteína.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.