O DESCUBRIMENTO DUN NOVO SER VIVO
No Tagoro, o volcán submariño que entrou en erupción preto da illa do Hierro entre outubro de 2011 e marzo de 2012, descubriuse un organismo que non fora estudado nunca.
A erupción comezou a 363 metros de profundidade e o cono foi medrando verticalmente uns 2 metros por día. A súa actividade aumentou a temperatura e a acidez da auga da zona, reduciu a cantidade de osíxeno, deixou materiais en suspensión… Así xurdiron as condicións adecuadas para o desenvolvemento dunha nova bacteria, a Thiolava veneris. Este ser vivo de aspecto filamentoso foi descuberto a uns 130 metros de profundidade nunha área de 2000 metros cadrados arredor do cráter e, segundo as investigacións, non realiza a fotosíntese.
Este avance é realmente importante, pois a aparición e a supervivencia de seres vivos en condicións tan extremas é moi interesante dende o punto de vista biolóxico, xa que habitualmente tendemos a pensar nas condicións nas que nós vivimos como as máis propicias para a vida, pero non é así. A maior parte de organismos que habitan o planeta son descoñecidos, moitos deles serán organismos moi sinxelos, coma as bacterias, e seguramente se desenvolvan en lugares inexplorados e imposibles de habitar para as especies que coñecemos.
Que vos parece a noticia? Eu penso que Thiolava veneris xa vive nalgún dos moitos volcáns submariños que existen, e vós? E o máis interesante, se existe a vida nestas situacións, haberaa no resto do Universo?
FONTES:
https://elpais.com/elpais/2017/04/25/ciencia/1493117171_330806.html
http://www.ub.edu/web/ub/es/menu_eines/noticies/2017/04/034.html
Tags: bacteria, descubrimento, Vida, volcán
Domingo 15 de Outubro do 2017 ás 12:48 pm
Esta noticia é moi interesante, pois como ben explica, esta nova bacteria pode vivir en condicións moi extremas, e isto dá moito que pensar. Se esta bacteria se puido formar en estas condicións, por que non podería haber outras coas mesmas condicións, ou incluso peores, no resto do Universo? Penso que é un gran paso que ademais dá ganas de seguir estudando e saber algún día unha cousa que nos levamos preguntando tanto tempo como é se hai vida fora deste Planeta.
Domingo 15 de Outubro do 2017 ás 11:10 pm
Unha noticia moi interesante na que podemos apreciar como a vida pode xurdir ata nos lugares máis insospechados. A parte desta asombrosa bacteria, existen evidencias doutras procariotas capaces de vivir no espacio exterior sen osíxeno ou tamén, sin necesidade de falar unicamente de organismos unicelulares, da existencia de peixes que viven a varios kilometrso de profundida en ambientes sen luz e cunha presión 10 ou 12 veces supeior a da superficie terrestre.
Sen dubida, a nosa especie está acostumbrada a unhas condición de vida moi distintas, pero estas condicóns tardaron moito en darse no noso planeta. Dende o meu punto de vista, o descubrimento deste tipo de organismos resultan moi esclarecedor para facernos una idea de como deberon sobrevivir os primerios seres vivos que apareceron na Terra. As condicións que produciu o volcán submarino na illa do Hiero deberon ser moi semellantes as condidcións que existían no noso planeta fai aproximadamente 4.000 millóns de anos nunha época na que non existía osíxeno atmosférico e onde había un magmatismo moi activo. Deste xeito, a Thiolava veneris é un exemplo vivente dun dos organismos primitivos que habitaron a Terra fai millóns de anos.
Luns 16 de Outubro do 2017 ás 10:11 pm
Esta noticia pareceume moi interesante xa que demostra que aínda queda moito do noso planeta Terra por explorar e por descubrir.
A Thiolava Veneris é un gran exemplo que demostra o pouco que coñecemos o noso planeta, que non para de sorprendernos. Penso que esta bacteria xa habita en numerosos volcáns submarinos que aínda descoñecemos, e xunto con esta especie.. ¡A saber cantas máis! Dende logo estou totalmente segura de que aínda queda moito por investigar e avanzar na ciencia.
Ao meu parecer, unha noticia moi frutífera que mostra como pode xurdir a vida en calquera parte do Universo e coas condicións de vida que había no planeta Terra hai moitos anos, moi diferentes ás nosas actuais. Unha información estupenda.
Mércores 18 de Outubro do 2017 ás 7:44 pm
É unha noticia moi interesante,e penso eu que se nestas condicións dáse o caso deste fenómeno aliméntanos a curiosidade de demais cousas que estarán en lugares diversos do planeta. Gustoume a noticia e pareceume moi interesante.
Xoves 19 de Outubro do 2017 ás 4:03 pm
É unha noticia moi interesante,e penso que moita xente debería ler esta noticia para que saiban o pouco que sabemos do noso planeta e todas as cousas que aínda non descubrimos ,eu penso que é moi útil e interesante para todos.
Unha noticia xenial.
Domingo 22 de Outubro do 2017 ás 4:03 pm
Paréceme interesante pensar que nesta etapa da evolución do noso planeta Terra se poderían seguir formando evolucións completamente novas, que tardan miles e miles de anos en facerse, e descubrir organismos que aínda non coñecíamos. Aínda máis impactante é que calquera organismo poida sobrevivir nun lugar tan inhóspito como é un volcán, aínda que, se o pensas, podería haber algunha evolución que poida sobrevivir ata nos sitios onde a nós nos parecería totalmente imposíbel sobrevivir. Por exemplo, podería existir, nalgún lado do universo, un ser que sobreviva absorbendo mercurio, ou calquera outro elemento químico que exista. O que non podería ser é un microorganismo vivindo no baleiro, onde literalmente non hai nada.
Sábado 28 de Outubro do 2017 ás 1:23 pm
Unha noticia moi interesante e impresionante debido a que esta bacteria, a Thiolava veneris, é capaz de sobrevivir nun entorno tan hostil como é un volcán. Este organismo súmase á lista dos centos que se descobren cada ano no noso planeta. A noticia tamén da que pensar, xa que se organismos como estes poden vivir en situacións e lugares coma este, porque non noutros lugares do universo? Na miña opinión, paréceme imposible que nun lugar tan grande como o universo, do que non coñecemos final nin principio, o único planeta con vida sexa o noso.
Domingo 29 de Outubro do 2017 ás 12:31 pm
Este asombroso descubrimento paréceme de gran interese a nivel evolutivo. Como ben se dixo,tendemos a pensar que nas situacións nas que se atopan a nosa especie ou as especies que coñecemos son as máis doadas para o desenvolvemento de seres vivos, mais xa se ve que nunhas condicións extremas, tamén se pode atopar vida. Faime pensar en que si nestas condicións pode haber seres vivos, en cantas outras partes da Terra hai seres que nin imaxinamos a súa existencia? E se o vemos a escala universal, esta información non propicia aínda máis a crenza de que se pode desenvolver vida noutras condicións noutros lugares do universo?