Creación dunha retina sintética

Este novo estudo,realizado por unha muller colombiana de 24 anos na Universidade de Oxford, consiste na creación dunha retina sintética que podería chegar a  ofrecer novas esperanzas ás persoas con dificultades visuais. Anteriormente moitos investigadores crearon retinas artificiais utilizando materiais duros e ríxido, pero este novo estudo é o primeiro en crear unha  retina con tecidos sintéticos biolóxicos creados en  laboratorios  a partir de  materiais naturais biodegradables.

A retina humana é unha parte do ollo e encontrase no fondo deste. A súa función principal é detectar e reaccionar ante á luz, é dicir, converte a luz en sinais eléctricas que  viaxan a través do sistema nervioso ata desencadear unha resposta cerebral que permita a construción dunha imaxe do que se está vendo.

Esta nova retina artificial ten dobre capa e está formada por gotiñas brandas de material acuoso (hidroxeles) e proteínas de membrana celular. Permite crear unha imaxe en escala de grises (branco e negro) chegando a producir moi de cerca o proceso retinario humano. No momento de realizar a inserción desta retina nunha persoa realizaríanse operacións dificultosas pero que poderían permitir volver a ver.

imagen

Este avance podería revolucionar tanto a industria de implantes biónicos como ó avance en tratamentos e enfermedades no ámbito da mediciña. Nun futuro non moi lonxano se a investigación segue avanzando a pasos axigantados poderíase conseguir máis tecidos do corpo humano.

URL: http://noticiasdelaciencia.com/not/24165/creacion-de-una-retina-sintetica/

 

Tags: , ,

2 Respostas a “Creación dunha retina sintética”

  1. alba.br Dixo:

    Esta noticia, é unha mostra importante de que a tecnoloxía actual se pode utilizar para replicar a función dos tecidos humanos, sen ter que utilizar realmente células vivas.
    O estudo, mostra que a diferencia dos implantes artificiais de retinas existentes, os cultivos celulares créanse a partir de materiais naturais biodegradables e non conteñen corpos estraños nin entidades viventes. Desta maneira, o implante é menos invasivo que un dispositivo mecánico, e é menos probable que teña una reacción adversa no corpo.

    O obxectivo desta xove colombiana ao levar a cabo este descubrimento é chegar á construción dunha tecnoloxía que sexa suave e biodegradable en lugar de duro e derrochador.

  2. guillermo.a.br Dixo:

    Nesta noticia Marta fálanos dun novo tipo de retinas artificiais que se diferencian do resto por estar construidas a partires de materiais naturais e biodegradables, e non con elemtos ríxidos e duros. Desta forma, o implante é menos invasivo que un dispositivo mecánico, e é menos probable que se produza unha reacción negativa no corpo. Na miña opinión, cada vez máis no ámbito da medicina téntanse dar solucións máis eficaces e rentables a problemas xa resoltos, como neste caso o tratamento de enfermedades dexeneraticas oculares como a “retinitis pigmentosa”. Tamén gustaríame aclarar que ademáis de Oxford, en Tokio o afamado xenetista xaponés Shinya Yamanaka, Premio Nobel de medicina, está traballando con células nai IPs para o desenvolvemento de transplantes de retina para pacientes con enfermedades dexenerativas da vista. Neste caso, os seus transpalntes están feitos con tecidos sintéticos biolóxicos formados de células vivas humanas.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.