Unha esponxa para a rexeneración da cartilaxe articular

Como xa saberedes, a cartilaxe articular é a cuberta que desenvolve o óso na zona veciña a outro, e serve de protección para evitar que ambos ósos se rocen ao moverse entre si. Esta cuberta pode alterarse por causas mecánicas, é dicir por golpes, xiros bruscos ou sobrecargas continuas en caso de deportistas, ou por envellecemento, que pode evolucionar a unha artrose. As lesións relacionadas ca cartilaxe articular adoitan ser moi habituais e o seu tratamento non é doado, xa que a cartilaxe non é capaz de rexenerarse por si mesmo.

Ata o momento, para combater esta doenza usábanse terapias que consistían en producir microperforacións no óso subcondral, que provocaban que o sangue fluirá e coagulara. Deste xeito producíase a rexeneración, pero non era a adecuada, xa que as células nai que chegaban ao lugar da lesión non se atopaban no entorno biomecánico axeitado.

Para rematar con este defecto, investigadores da Universidade de Valencia, en colaboración co Hospital do Mar de Barcelona, deseñaron un novo implante para a rexeneración do cartilaxe articular. O que propuxeron foi unha esponxa porosa biodegradable que se implanta no lugar da lesión e axústase cun parafuso ao óso subcondral. Deste xeito, os seus poros énchense de sangue, reciben as células nai e crean un novo tecido con características moito máis similares ao tecido natural que coa técnica das microperforacións.

Este proxecto atópase na fase de experimentación animal. Xa se puxo a proba con animais pequenos (coellos) e actualmente estase probando con ovellas. Logo de valorar estes resultados a longo prazo estes investigadores valorarán a opción de solicitar unha proba clínica.

diferenza

Que opinades deste novo implante? Tendo en conta que é unha técnica relativamente barata, credes que será o futuro tratamento para as lesións da cartilaxe articular? Coñeciades esta doenza?

Fonte de información: https://ciencia.blogs.upv.es/disenan-un-nuevo-implante-para-la-regeneracion-del-cartilago-articular/

 

Tags: , ,

5 Respostas a “Unha esponxa para a rexeneración da cartilaxe articular”

  1. belen.m.br Dixo:

    Os problemas que teñen lugar nas articulacións, xa sexan relacionados coa cartilaxe articular ou con outras partes, son verdadeiramente graves e, sobre todo, dolorosos. Desgraciadamente, hoxe en día este é un campo no que temos moito que avanzar, convén mellorar determinadas técnicas e utilizar materiais que nos beneficien, sobre todo, ao falarmos da duración da peza e da súa interacción co corpo.
    É por isto polo que innovacións como a desta esponxa que nos presenta Andrea me parecen realmente importantes, pois son máis eficaces que as técnicas anteriores nas que se perforaba o óso buscando a coagulación do sangue. Con todo, preséntase un problema, un dos máis habituais nos casos de implantación de próteses ou outros mecanismos que palíen problemas óseos e articulares, o da duración dos materiais dentro do organismo. Hoxe en día aínda se está tratando de desenvolver pezas que duren toda a vida do paciente, pois nalgúns casos, como os das próteses de cadeira, é preciso que sexan substituídas aos 10 anos aproximadamente. Deste xeito, se os expertos conseguisen que estas esponxas superasen todas as probas que lles están a facer, tivesen un bo resultado no corpo humano e, ademais, a súa duración fose longa ou incluso acadase toda a vida do enfermo, sería un enorme avance.
    Finalmente, cabe dicir que despois deste avance seguramente se puidese seguir perfeccionando esta técnica, pero agora o importante é ter un primeiro paso dado, ter unha base.

  2. marta.s.br Dixo:

    Paréceme unha noticia moi novidosa e con moitas posibilidades e oportunidades no fututo e sobre todo no ámbito das lesions. Tendo en que é unha técnica que aínda se atopa na fase experimental utilizada en animais tardará bastante tempo en poder chegar a realizarse nas persoas. Cando este novo implante se poida realizar con probas clínicas terá un gran beneficio nos pacientes, xa que as lesións relacionadas con cartílaxe articular son moi frecuentes e teñen tratamentos pouco doados.

  3. carmen.c.br Dixo:

    A artrose é unha enfermidade a cal estímase que será no 2020 a 4ª causa de discapacidade no mundo e sen dúbida o deseño de novos implantes para a rexeneración da cartilaxe constitúen o primeiro paso para avanzar no campo de tratamento destas enfermidades.

    As lesións relacionadas ca cartilaxe articular, como a artrose, provocan dor, inflamación e impiden que se poidan realizar con normalidade algúns movementos tan cotiás como pechar a man, subir escaleiras ou camiñar.

    Do mesmo xeito, e como ben se expresa na entrada, o seu tratamento non é doado, xa que a cartilaxe non é capaz de rexenerarse por si mesma. Por iso o feito de que por primeira vez se deseñase un implante para rexeneración do cartilaxe articular, o cal pode chegar a ser igual de eficaz que as terapias de microperforacións, empregadas ata agora no tratamento deste tipo de enfermidades, resulta do mais innovador.

    Ademais este novo implante, con forma de esponxa, dana minimamente o óso e queda estable no lugar no que se coloca durante o proceso de rexeneración. Todo isto, supón que o número de cirurxías para combater lesións articulares diminuirá, sendo así o seu tratamento mais económico. Non obstante, este proxecto aínda se atopa na fase de experimentación animal, polo que aínda teremos que esperar ata que se leve a cabo a primeira proba clínica en humanos.

  4. maria.p.b.br Dixo:

    Eu penso que pode chegar a usarse en persoas e dar bo resultado, xa que como decía a miña compañeira esta innovación da esponxa biodegradable axustase maís ao tecido natural asi que será máis útil que a técnica de microperforacións, ademáis de ser económica.

    Esta doenza é moi coñecida por ter un tratamento moi dificultoso, xa que ata agora so existía o proceso de microperforacións como solución.

  5. guillermo.a.br Dixo:

    Paréceme que esta noticia e de gran interese xa que fala dunha enfermidade moi común na nosa sociedade e da que seguramente todos temos oído falar, pero da cal sempre nos gustaría saber máis.
    Polo que eu sei, a atrose é unha enfermidade dexenerativa que afecta ao cartilaxe das articulacións, facendo que este se desgaste e perda a súa función: protexer os ósos do rozamento. Isto provoca unha dor insufrible nas articulacións dos afectados, moitos dos cales non son capaces de volver a utilizalas e quedan discapacitados.
    Normalmente cando pensamos en esta doenza tendemos a asociala ca idade, pero como xa dixo miña compañeira Andrea, outra das causas principais é un mal uso das articulcións por parte dos deportistas. Debido a isto, penso que é importante que todas aquelas persoas que practican algún deporte ou queran dedicarse a iso teñan en conta que someter o corpo a constantes esforzos moi intensivos pode ter consecuencias moi perxudiciais no ósos, pode que non nese momento, pero sí varios anos máis tarde.
    En relación co tema de noticia, eu penso que se o implante de esponxa pode adaptarse correctamente as extremidades dos ósos e resistir adecuadamente os esforzos aos que se encontra somentida, sen soltarse, pode chegar a ser un remedio moi efictivo contra a artrose. Con todo, gustaríame dicir que nalgúns casos o feito de previr esta enfermidade, e non abusar das nosas articulacións, é o mellor remedio contra a artrose.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.