Cómo unha célula da túa pel pode devolverlle a vista a un cego
Nun hospital de Xapón realizouse fai un par de semanas o primeiro transplante exitoso mediante células nai non embrionarias. O paciente desta operación foi un xaponés de 60 anos que sufría una enfermidade dexenerativa ocular que lle impedía ver, pero que grazas a máis avanzada tecnoloxía en edición de células nai puido obter a partir das células da pel dun doante anónimo o transplante de retina que necesitaba. Estas novas células nai denomínanse iPS, e están a revolucionar o mundo da medicina moderna.
As células nai iPS, tamén coñecidas como células nai pluripotentes inducidas, son o resultado dun proceso de “reprogramación” de células adultas xa diferenciadas, como por exemplo, dunha célula da pel. Mediante a técnica do ADN recombinante os xenetistas xaponeses introduciron nunha célula da pel dun doante anónimo unha serie de xenes que fixeron que esta se des-diferenciaran e se transformara nunha célula nai pluripotente, isto é, ca capacidade de xerar calquera clase de tecidos, como os da retina. Deste xeito os xenetistas actuais son capaces de obter a partir dunha célula calquera dunha persoa, case todos os tipos de células do corpo humano. As células iPS demostraron ser moi similares as células nai embrionarias tanto na súa forma como nas súas función. Por outra parte o seu método de obtención presenta varias vantaxes respecto ao destas últimas mediante clonación terapéutica. Para empezar, o paciente dispoñería das células necesarias inmediatamente (aforraríase o proceso de ter que doar as súas propias células para ser cultivadas e logo alteradas xeneticamente, un tempo moi valioso no caso dos pacientes afectados de enfermidades dexenerativas) ademáis de que é un proceso moito máis barato que a clonación.
Esta operación forma parte dun permiso especial que o Ministerio de Saúde Xaponés lle deu a este hospital para realizar un total de cinco intervencións experimentais con células nai. Se todos os ensaios saen como esperan, abrirase o camiño a un novo modelo de medicina rexenerativa baseado nas células iPS. Algúns xenetista como o célebre xaponés Shin´ya Yamanaka, inventor das devantidas células iPS, xa están empezando montar os primeiros bancos celulares onde poder almacenar as células con capacidade pluripotencial. Segundo os seus cálculos, con só 10 doantes poderanse desenvolver células válidas para entre o 30% e o 50% dos xaponeses. Para moitos patrocinadores das iPS o seu soño é un futuro próximo onde esta clase de tratamentos sexan accesibles a todas as persoas.
Que pensades sobre este avance no tratamento de enfermidades dexenerativas? Cal e a vosa opinión respecto a clonación terapéutica? E respecto as iPS? Cal creedes que é o futuro da medicina rexenerativa? Pensades que poderá existir un futuro onde a medicina rexenerativa sexa accesible para todo o mundo como se di nesta noticia?
URL noticia orixinal: http://expreso.press/2017/04/07/una-celula-piel-podra-devolver-la-vista-ciego/
Domingo 30 de Abril do 2017 ás 11:11 am
Respeto a esta noticia tan interesante eu penso que é moito mellor as iPS ca clonación, e que as iPS poden ser o futuro da medicina rexenerativa, por que? Pois porque teñen duas vantanxes que a clonación terapeútica non ten, como por exemplo que as células estarían ao momento e que este proceso das iPS é máis barato.
Eu creo que este tratamento con células iPS pode ser o futuro porque calquer persoa pode doar células da súa pel para favorecer a enfermidades rexenerativas como pode ser a perda da vista.
Luns 1 de Maio do 2017 ás 11:01 am
Pareceme unha noticia moi interesante xa que ultimamente falamos moito na clase sobre as células IPS e do beneficiosas que poden chegar a ser no campo da medicina. Creo que se seguimos avanzando sobre este tipo de tratamentos poderemos chegar moi lonxe e facer que as persoas que padecen enfermidades dexenerativas teñan unha mellor vida.
Venres 19 de Maio do 2017 ás 7:19 pm
Gustoume ver que as miñas compañeiras lles pareceu interesante esta noticia e que teñen esperanzas de que nun futuro a mediciña rexenerativa con células iPS permita crear persoas máis sas sen carencias de ningún tipo. No meu parecer as células iPS presentan moitísimos menos problemas éticos e morais ca clonación terapéutica. Mentras que na clonación terapéutica as células nai obtéñense a partires dun embrión clonado ao cal non se lle deixa desenvolverse, as células pluripotentes inducidas ou iPS proveñen dunha célula somática calquera do noso corpo a cal podemos transformar nunha célula nai totalmente funcional e da que poder obter calquera tecido que queiramos. Na miña opinión, estas cuestións éticas teñen unha gran importancia e deberían ter moito máis peso que outros factores como, por exemplo, os económicos. Despois de todo, salvar unha vida con células nai clonadas carece dun sentido moral se tes que matar antes a un embrión para facelo, penso eu.
Venres 26 de Maio do 2017 ás 5:55 pm
Esta noticia paréceme moi interesante e novidosa. O feito de que se poida obter a partir das células da pel dun doante o trasplante de retina que necesita unha persoa cunha enfermidade dexenerativa ocular, no caso desta noticia, é realmente impresionante. Estas son as chamadas células iPS, un tipo de células nai capaces de xerar a maioría dos tecidos,é dicir, son pluripotenciais. Este gran avance das células iPS na mediciña é un claro exemplo de como grazas a avanzada tecnoloxía de hoxe en día podemos obter este tipo de resultados beneficiosos que anos atrás nin imaxinariamos.
Xoves 19 de Outubro do 2017 ás 8:32 pm
Eu penso que é interesante, porque é un gran avance para a medicina que un home ou unha muller que nunca chegou a ver o mundo ao seu redor, poida velo sen necesidade de segundas persoas