BiOM, as primeiras pernas biónicas que predicen os movementos.
Un enxeñeiro mecánico do MIT recibiu o premio Principe de Asturias de Investigación Científica por deseñar, segundo dixo o xurado, “as primeiras próteses que logran emular a perfección a locomoción humana”. Este logro non foi fácil e levoulle a Hugh Herr e o seu equipo décadas de desenvolvemento e investigación cuxo resultado está a revolucionar o mundo da biónica e das próteses medicinais.
As novas próteses biónicas diferéncianse das prótese correntes en que non son elementos pasivos que se moven co resto do corpo, senón que responden de maneira independentemente aos impulsos eléctricos do noso cerebro e reaccionan en consecuencia como se se tratase dunha perna ordinaria de carne e oso. Esta comunicación establécese mediante uns electrodos que captan o impulsos eléctrico dos músculos onde está suxeita a prótese e que transmiten esa información a una computadora que, grazas a un algoritmo matemático, é capaz de comprender e asimilar esa información para que as pernas biónicas se movan como o cerebro quere que o faga, isto é, de maneira natural. Ademais, as BiOM utilizan uns tecidos sintéticos con variacións na súa rixidez que se adaptan a superficie da pel sen causar molestias e constan tamén dun sistema de “propulsión biónica” que imita a acción dos músculos agonista e antogonista da pantorrilla permitindo andar con gran fluidez. En conclusión, estas próteses son tan avanzadas que calquera persoa discapacitada que as leva podería vestir uns pantalóns longos e alguén ao seu lado nunca se daría conta de que o é.
Con todo, para Herr e o seu equipo de investigación en biomecatrónica do MIT isto non é suficiente e seguen a investigar na creación e desenvolvemento doutras novas tecnoloxías que poidan permitir aos discapacitados “sentir” as súas próteses ou que sirvan de axuda as persoas sas para realizar unha actividade física sin risco de lesionarse. Para moitos científicos todos estes avances abren un futuro no que as discapacidades tanto físicas como mentais poidan ser algo do pasado grazas á tecnoloxía e no que, por que non, a limitación física pode ser compensada con robótica.
Que pensades sobre este avance no campo da medicina? Sabedes en que consiste a biónica? Que pensades da visión futurista que se da a entender no final da noticia? Creedes que ese futuro pode ser posible?
URL da noticia orixinal:
http://clipset.20minutos.es/asi-son-las-piernas-bionicas-de-hugh-herr/
Xoves 27 de Abril do 2017 ás 7:12 pm
A biónica, é dicir, a rama da enxeñaría que estuda e desenvolve aplicacións tecnolóxicas que teñen a finalidade de simular o comportamento, forma ou funcionamento dos organismos, estanos a abrir o que, dende o meu punto de vista, será o futuro camiño da medicina aplicada a doenzas como as amputacións de membros.
Estes problemas adoitan darse, na maior parte das ocasións, de xeito moi repentino para o paciente, o que significa un enorme impacto psicolóxico sobre o mesmo. Por iso, estas novas próteses, moi fieis á fisioloxía do noso corpo, son verdadeiramente esperanzadoras. Sabiades que o seu creador, Hugh Herr, creou distintos modelos para actividades como a danza e incluso a escalada? Así, o futuro das persoas que sufriron graves accidentes ou ás que lles tiveron que amputar algunha extremidade, por exemplo, por un caso de cancro, poden ter unha vida moito máis agradable.
En canto á cuestión que nos propón Guille sobre a idea de aportarlle sensibilidade ás próteses, creo que nun futuro se pode facer realidade, pois se o que xa se conseguiu parece sacado dunha película de ciencia ficción, por que non se ía poder incluír esta posibilidade no guión do filme?
Aínda así, é certo que os prezos destes inventos son espectacularmente altos, polo que, desgraciadamente, teremos que esperar bastante ata que calquera enfermo poida acceder a eles.
Finalmente, como curiosidade, cabe mencionar que este incrible enxeñeiro recibiu o Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica no ano 2016, creando as BiOM para el mesmo, que perdera as dúas pernas con 17 anos, ao conxelárenselle cando quedou atrapado mentres escalaba.
Sábado 29 de Abril do 2017 ás 3:34 pm
Sen dúbida as próteses biónicas inspiradas no movemento humano creadas por Hugh Herr son unha completa innovación no ámbito da medicina aplicada a doenzas como as amputacións de membros. Un novo avance que abre paso a un futuro no que as discapacidades físicas poderían deixar de ser limitacións.
Resulta sorprendente como evolucionaron as próteses que Hugh Herr foi creando ao longo da súa vida, dende unhas simples pezas de madeira e metal, ata as actuais feitas de silicona, titanio, aluminio e carbono, as cales posúen as súas propias baterías e están programadas con información descargada dun ordenador.
Ademais de ser unhas próteses moi discretas e que permiten andar con fluidez, permiten un grado de independencia inimaxinable para os amputados, que ata relativamente poucos anos empregaban unhas próteses as cales lles servían de apoio e para ter unha marcha limitada.
Non obstante, ademais de pernas biónicas na actualidade tamén estanse a crear as primeiras neuropróteses, capaz de conectar o cerebro cos músculos, e as cales permiten o movemento dos brazos e mans dunha persoa con tetraplexia.
Deste xeito, cos novos avances en disciplinas como a robótica,a a neurofisioloxía e a biofísica, é moi probable que nun par de anos se comecen a crear os primeiros dispositivos que permitan aos discapacitados “sentir” as súas próteses, e lograr que non sexa o amputado o que leva unhas pernas, senón que sexan as súas pernas as que o leven a el.
Sábado 29 de Abril do 2017 ás 7:25 pm
Esta noticia páreceme un claro exemplo do rápido que avanza a tecnoloxía dentro de campos como o da mediciña. As próteses levan entre nós dende hai miles de anos, xa existían na época dos exipcios, que elaboraban as súas próteses de dedos, brazos, pernas… con simples anacos de madeira ou ferro. O século XXI viu un claro florecemento nestas tecnoloxías grazas aos avances en robótica, intelixencia artificial, informática e impresión 3D. As novas próteses non só facilitan a vida a persoas que perderon unha extremidade, senón que tamén permiten que os paralíticos volvan a camiñar e incluso bebés con enfermidades incurables, sobrevivan ata adultos.
Con respecto ao que nos conta Guille acerca das próteses que permiten “sentir”, cabe dicir que xa se están a poñer en práctica.
En Estados Unidos, un grupo de científicos conseguiu que un home que levaba 10 anos sufrindo unha lesión de medula espiñal, recuperara a sensación do tacto. Isto foi posible grazas a dous pequenos chips ubicados na zona d córtex do paciene, un na área que determina o movemento do brazo e outro que capta as sensacións táctiles. Despois, ambos se conectan ao brazo, que posúe o resto dos sensores.
Unha proba que posteriormente lle fixeron ao paciente, afirma que este home é capaz de percibir os estímulos con casi un 100% de precisión, o que ata fai uns anos era totalmente inimaxinable.
Domingo 30 de Abril do 2017 ás 11:31 am
A biónica é unha ciencia que estuda a creación de aparatos e prodecementos tecnolóxicos que substituen as función naturais dos seres vivos.
Eu creo que a visión final que da esta noticia podese facer realidade, ahora estanse innovando moitos novos tratamentos e procesos na medicina, con todo isto na miña opinión un futuro donde un discapacitado tanto mental como físicamente poda gozar das mesmas cousas e sentir o mesmo ca unha persoa sen ningún tipo de discapacidade pode ser posible.
Luns 8 de Maio do 2017 ás 12:07 am
Gustoume ver que unha gran parte de vos mostrastes ter esperanzas dun futuro no cal tanto as discapacidades físicas como mentais poidan ser algo do pasado grazas aos avances da tecnoloxía moderna aplicados a mediciña.
Por outra banda gustaríame aclarar que o obxetivo de Hugg Herr e o seu equipo de enxeñeiros do MIT non só é crear próteses, tamén están a investigar o desenvolvemento de “exoesqueletos biónicos” que podan ser utilizados por persoas sas para protexer as súas articulacións biolóxicas de fortes impactos ou da degradación producidos polo exercicio físico ou para aumentar a capacidade locomotora do corpo humano e reducir significativamente o seu coste metabólico.
Segundo Herr no futuro todos usaremos exoesqueletos para actividades tan ordinarias como correr. Na súa opinión, os avances acadados en biónica neste siglo están a sentar as bases dun futuro no que non existan limitacións para a capacidade humana e no cal as discapacidades, de calquer tipo; cognitiva, emocional, sensorial ou motora podan ser eliminadas da nosa sociedade.
Para Hugg Herr toda persoa debería ter o dereito de vivir unha vida sen discapacidades se así o elixe e que, polo tanto, isto debería formar parte dos Dereitos Humanos.
Respondendo a desconfianza de Belén hacia o prezo das BiOM, actualmente Hugg Herr e o seu equipo están negociando con Ministerio de Saúde Estadounidense para establecer un prezo alcanzable as súas proteses para que esta tecnoloxía poda facilitarse aos pacentes que a necesitan.
Luns 29 de Maio do 2017 ás 6:49 pm
Fai algunhas décadas creouse un novo campo científico-tecnolóxico que abordou o estudo de sistemas biolóxicos para a obtención de productos técnicos, o cal se lle denominou biónica. A palabra biónica conformase das palabras gregas «bios» (vida) e «ica» (relativo a), e dicir, etimoloxicamente significaría «relativo á vida». Tamén se menciona que a palabra biónica formase dos segmentos das palabras BIOlogía e técNICA.
Como podemos ver nesta noticia, o propósito principal da biónica é a creación de sistemas artificiais para reproducir as características e estructuras dos organismos vivos.
Esta disciplina pode ter aplicacións en todas as ramas da inxeñería, da arquitectura, das ciencias naturais ou incluso sociais. Pero se enfocamos esta disciplina na mediciña, a biónica sería o futuro dalgúns problemas como as amputacións de membros.
Na miña opinión, considero que a aplicación destas próteses e o contínuo estudo neste campo, pode ser moi esperanzador para as persoas que teñen estas doenzas, xa que con este avance poden ter unha mellor calidade de vida.