As neuropróteses: a salvación para as persoas tetrapléxicas
Investigadores pertencentes, na súa maioría, á Universidade Case Western Reserve de Cleveland (EEUU) crearon unha neuroprótese, capaz de conectar o cerebro cos músculos, que permite o movemento dos brazos e mans dunha persoa con tetraplexia. Trátase dun sistema que descodifica os sinais cerebrais e os transmite a sensores que están colocados nos músculos.
Durante o proceso de investigación os expertos implantaron uns electrodos no interior do cerebro do paciente (un home tetrapléxico de 53 anos), concretamente sobre a cortiza motora, e a continuación lle implantaron uns electrodos dentro dos músculos do brazo.
Esta nova neuroprótese resulta moi importante xa que pode mellorar a calidade de vida das persoas que sofren este tipo de discapacidades, dándolles a posibilidade de recuperar as funcións do brazo e da man para realizar actividades cotiás, ofrecéndolles así maior independencia.
Non obstante, o estudio aínda se atopa nunha fase temperá de investigación e estímase que se tardaran entre 20 e 30 anos ata que esta innovadora prótese chegue a hospitais e ao público en xeral.
Que outras utilidades poderían ter este tipo de próteses? Criades que isto era posible tendo en conta os avances tecnolóxicos no ámbito da medicina nos últimos anos?
Fonte: http://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/ciencia/2017/03/29/58da989be5fdea88698b467a.html
Tags: aparato locomotor, cerebro, electrodos, movilidade, músculos, Próteses
Xoves 27 de Abril do 2017 ás 8:43 pm
Dende o meu punto de vista, a combinación de distintas disciplinas científicas vai dar lugar a grandes revolucións no futuro, mellor dito, xa están a comezar hoxe. A min, que me queda moi lonxe o mundo no que ao fusionar electrodos, impulsos eléctricos, ordenadores, principios biolóxicos… se poden conseguir tales milagres como o de facer que un tetrapléxico se mova de novo, parécenme moi admirables, incribles incluso, as capacidades dos nosos científicos.
Finalmente dicir que tal e como avanzamos nestes campos, é moi probable que como di Carmen, nunhas décadas estes mecanismos estean totalmente normalizados, pois hoxe aínda quedan moitas probas por facer e economicamente falando non poden estar na man dos doentes. Por iso, dende o meu punto de vista, se deberían apoiar proxectos nos que se progrese en campos como a medicina e non reducirlles as axudas para investir noutros que, para min non o merecen tanto coma estes.
Sábado 29 de Abril do 2017 ás 4:01 pm
A noticia que nos conta Carmen é realmente interesante e novidosa. O feito de crear unha neuroprotese para recuperar algúns movementos en persoas tetraplexicas é un gran avance no mundo das protesis e no ambito de tratamentos de enfermidades. Pensar en facilitarlle a unha persoa tetraplexicas poder recuperar as funcións dalgúns músculos sería realmente valioso na vida da persoa podendo mellorar a súa calidade de vida.
Sábado 29 de Abril do 2017 ás 9:19 pm
Esta noticia paréceme outro claro exemplo dos grandes avances que se están a producir na mediciña grazas á tecnoloxía, á robótica, á impresión 3D… Fai non moito tempo, era impensable que unha persoa tetrapléxica puidera volver a moverse. Con esta neuroprótese da que nos fala Carmen, conseguiuse que un home tetrapléxico “alcanzara e agarrara” determinados obxectos. Isto fixo posible que esta persoa puidera realizar de novo actividades cotiás por si mesmo, algunhas tan inprescindibles como coller un vaso e beber ou agarrar un garfo para comer. Todas estas accións permiten mellorar a calidade de vida das persoas tetrapléxicas, xa que estas adquiren unha maior independencia e isto tamén mellora a súa propia autoestima.
Non obstante, estas neuropróteses aínda son moi mellorables, xa que se atopan en pleno desenvolvemento. Pénsase que se se segue a investigar neste proxecto, poderanse acadar unhas neuropróteses moito máis precisas, cunha gama máis ampla de accións, que poderían comezar a transformar as vidas das persoas que viven con parálise. Ademais, estas implantacións, polo momento teñen outras limitacións como a súa lentitude de movementos ou a necesidade de que o individuo sempre teña que mirar o seu brazo, xa que non pode sentir a posición e o movemento das súas extremidades debido á parálise.
En resumo, penso que o traballo destes investigadores é realmente incrible e admirable, xa que nun futuro poderán cambiar radicalmente a vida da persoas terapléxicas, pero polo momento aínda se necesita seguir investigando neste proxecto e tratar de reducir as limitacións citadas anteriormente.
Domingo 30 de Abril do 2017 ás 2:33 pm
Esta noticia pareceume moi interesante xa que esta neuroprótese vailles dar nun futuro moita independencia a todas as persoas tetraplexicas, xa que van poder mover os seus brazos e as suas mans grazas a esos sensores que se atopan nos nosos músculos.
Eu penso que nun futuro esta neuroprotese pode estar a disposición de todas as persoas que teñen ese problema xa que esta neuroprotese xa foi utilizada nunha persoa ademáis de que a medicíña está tendo moitos avances.
Xoves 4 de Maio do 2017 ás 2:28 pm
Esta noticia pareceme moi interesante porque debido a tetraplexia moitas persoas non poden valerse por si mesmo para o resto das súas vidas. Polo que se se lograse desemvolver este novo descubrimento estas persoas poderían ter unha mellor calidade de vida e ademais poderían ser máis independentes xa que poderían realizar actividades da vida cotiá como por exemplo comer, ducharse, etc.
Venres 5 de Maio do 2017 ás 6:40 pm
Eu creo que como ben dis tí, esto poderíase levara acabo noutros ambitos ou como dieversas utlidades esto poderia axudara a xente con tetraplexia poida ser mais independente e facer moitas mais cousas po si mesmos .Esta efermidadaes da que están a tratar que é unha paralise da medula espiñal paralizando así todas as estremidades do corpo xa que a médula e o que manexa todo ;eu creo que esta innovacion e reabilitación intensa esa persoa poderioa chegara poder a poder camiñar de novo con gandes esforzos.
Se isto fduncionara sería unha terapia moi demanada por todo o mundo e podria investigra mais sobre estes tipos de enfermidades,para unha mellora non só das persoas con cartos , xa que como ven dis vaise a poñer nos hospitales públicos e poderá estar ao alcance de todas as persoas, pero demomento ata que se probe non se pode banzar nada .
Sábado 6 de Maio do 2017 ás 9:59 am
Este avance na biotecnoloxía pode supoñer a salvación para moitas persoas que sofren de tetraplexía, en cambio suscita un dilema sobre o ligados que nos atopamos á tecnoloxía, pois a miña dúbida reside no seguinte aspecto; poderían considerarse “cyborgs” estas persoas que recuperan a mobilidade mediante este método? Pois trátase dun ordenador o que se encarga de descodificar a información recibida dos electrodos, colocados no cerebro, despois de que o paciente pense o movemento, e envíalla aos músculos para que se movan.
Un cybor defínense como un ser o criatura formado por materia orgánica e dispositivos tecnolóxicos (cibernéticos) que teñen por obxectivo mellorar as capacidades da parte orgánica. Sabendo isto, chego á conclusión de que estos pacientes poderían considerarse cyborgs.
Martes 16 de Maio do 2017 ás 11:21 pm
A tetraplexia é un situación de paralise total ou parcial de brazos e pernas causada por un dano na medula espinal, especificamente nalgunha das sete primeriras vertebras do pescozo, ou tamén coñecidas como vertebras cervicais. A forma de adquirir este tipo de discapacidade pode ser por un corte, unha disclocación ou un traumatismo moi severo na zona do pescozo. As lesións medulares cervicais normalmente causan unha perda de funcións nas extremidades, resultando nunha tetraplexia.
En raros casos, aínda cunha rehabilitación intensiva, pódese recuperar algo de movemento, xa que calquera dano á medula espinal é unha lesión moi complexa. Dependendo do tipo de lesión pode afectar ao corpo de forma diferente. Actualmnete o dano que fan estas lesións no pescozo é irreversible, aínda que non se descarta que no futuro o cultivo de células nai poda revertir as consecuencias mediante a produción de novo tecido nervioso.
Neste noticia Carmén fálanos doutra posible solución ao problema da paralise que non implicaría a xenética en ningún sentido. Neste caso, mediante a electrónica moderna, estableceríase un novo “canle de comunicación” entre o sistema nervioso central e os membros paralizados, recuperando deste xeito a súa movilidade. Na miña opinión, tanto o cultivo de células nai como a bioelectrónica poderíanse considerar parte dunha futura mediciña capaz de curar todo tipo de discapacidades, a cal cada vez se encontra máis cerca.