Somos Marcianos?

A idea da hipótese de Panspermia que enuncia o feito de que a vida na Terra chegou do espazo mediante cometas ou asteroides de Marte que bombardearon o noso planeta non é nada novo. Xa hai tempo que os científicos e investigadores debaten esta posibilidade que aínda agora no presente segue a ser un incógnito sen resolver.

Segundo razóns químicas da vida primitiva, pensase que a vida se orixinou en Marte, xa que este planeta tiña todos os elementos adecuados (boro, molibdeno e osíxeno) que a Terra primitiva non presentaba para producir as primeiras moléculas de ARN consideradas as precursoras do ADN, e polo tanto da vida. Tendo en conta a idea de  que o ARN se formou e se condensou a partir do “Caldo Primitivo” composto por moléculas  orgánicas simples e en ambientes secos ou en ausencia de moita auga podemos chegar a descartar o planeta Terra como fonte de vida xa que está composto maioritariamente por auga.

Non hai moito tempo, un equipo de investigadores  encontrou unha nova evidencia de que unha alga terrestre unicelular atopada no océano chamada Nannochloropsis oculata, sería capaz de sobrevivir aos esforzos físicos dunha viaxe espacial.  Para poder afirmar este estudo usaron unha pistola de gas lixeiro e dispararon gránulos conxelados do alga na auga a velocidades moi altas e logo analizaron as súas mostras para saber se os organismos saíran con vida. Os investigadores din que  este experimento podería ser unha proba de que a vida extraterrestre e a Panspermia non fora imposible.

Tras outros estudos pensase que a viaxe espacial podería non ser tan mala para unha minúscula forma de vida, xa que no interior de rocha e xeo estarían protexidos da radiación e do calor extremo.

imagen

Dentro de todas as hipóteses que existen de formación de vida seguramente  que pensedes que a de Panspermia é a máis complexa e menos crible, e por isto existen moitos estudos e teorías pero que aínda non están probadas e aprobadas. Pero se nos poñemos a pensar, quizais a vida extraterrestre e a Panspermia non son tan imposibles como se cree.

Que opinas sobre a hipótese da Panspermia? Pensas que  este feito pode aumentar a posibilidade de vida en Marte? Se encontramos vida noutro planeta, será verdadeiramente  alieníxena ou estará relacionada con nós?

http://www.cosmonoticias.org/tag/panspermia/

 

Tags: , ,

3 Respostas a “Somos Marcianos?”

  1. alba.br Dixo:

    É moi interesante que de descubran e realicen este tipo de estudos pois datos como que a Terra tal vez non fose un lugar apto para o inicio da vida e en cambio, outros planetas si, reaviva a idea de que poidan existir organismos vivos noutros lugares do espacio exterior.

  2. j.manuel.m.br Dixo:

    Penso que este feito non fai aumentar a posibilidade de que en Marte exista vida xa que, cos datos que temos actualmente, é máis probable que teña vida porque onde hai auga hai vida. Pero non se pode saber ao 100% se hai vida xa que apenas coñecemos o 10% da vida do noso planeta como para coñecer a de outros planetas.

  3. guillermo.a.br Dixo:

    Esta noticia paréceme moi interesante pois danos unha idea do moito que nos falta aínda por coñecer sobre a orixe da vida na Terra.
    O experimento realizado en 1952 polo químico estadounidense Stanley Miller conseguiu demostrar as teorías do biólogo Oparin sobre a síntese prebiótica da vida e a evolución química dende a materia inorgánica a orgánica. No seu experimento Miller supuxo que a atmósfera da Terra tivo que ser fortemente redcutora, isto é, desprovista de osíxeno e rica en hidróxeno. Con todo sábese, grazas a novos datos sobre a composición primitiva da atmósfera, que esta era moito menos reductora do que Miller pensaba. Malia isto, a fiabilidade do experimento de Miller levou a pensar a algúns científicos que a vida puido ter xurdido noutro planeta onde as condicións que supoxo Miller cumprínsense, neste caso o planeta Vermello, e chegara a Terra a través de asteroides
    Na miña opinión a hipótese de Panspermia é unha teoría en desenvolvemento con bastantes preguntas sen responder e a que lle falta aínda moito para dar unha explicación creible sobre a orixe da vida na Terra.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.