EPO, a perigosa droga dos ciclistas

A eritropoyetina, comunmente coñecida como EPO, é unha hormona glicoproteica sintetizada nos nosos riñóns que estimula a produción de glóbulos vermellos, que son as células responsable do transporte do osíxeno na sangue. Estas células sanguíneas créanse e destrúense constantemente na medula ósea polo que a función da EPO é a de regular a súa cantidade no noso corpo. A mediados dos 80 os xenetistas empezaron a sintetizar en laboratorios unha EPO recombinante, moi parecida a humana, co fin de utilizala como un fármaco para combater enfermidades relacionadas cun baixo número de glóbulos vermellos no organismo como a anemia ou a insuficiencia renal.

O impactante foi cando esta hormona ganou  popularidade entre os aficionados ao ciclismo os cales inxectábana vía intravenosa para mellorar o seu rendemento físico, xa que en teoría tiña que aumentar a concentración de osíxeno na sangue. Con todo o que non sabían estes deportistas é que o potencial que ten o EPO para aumentar os niveis de glóbulos vermellos na sangue é moi alto polo que na maioría deles o consumo desta sustancia produciu grandes cambios nos seus niveis de hematocrito(porcentaxe do volume da sangue composta por glóbulos vermellos) que pasaron nalgúns casos dende un 45-50% ata superar o 60%. Isto ocasionou que a súa sangue fixésese moito máis densa do normal provocándolles coágulos ou trombos nos vasos sanguíneos. Estás obstrucións nas arterias dificultaron o paso da sangue osixenada cara o resto dos órganos o que lles acabou producindo graves enfermidades cardiovasculares como  infartos de miocardio,  anxinas de peito, hipertensión, arterioclerose e mesmo derrames cerebrais . Polo menos coñécense que entre 1989 e 1991 houbo 18 ciclistas profesionais que morreron a causa do consumo desta sustancia. En conclusión, o uso do EPO como estimulante en xente san é moi perigoso,  aínda que estea demostrado que a súa administracion en pequenas doses si que axude a aumentar a capacidade física, xa que tamén aumenta o risco de formación de coágulos. Por outro lado ten un importante uso terapéutico en persoas cun baixo hematocrito.

 imagen

Cal é a vosa opinión sobre o doping no deporte?, Vos parece ético ou seguro para os deportistas?,  Creedes que deberían prohibilo?, Sabedes doutras drogas que se utilicen para mellorar a condición física? e Coñecedes algún outro caso parecido a este?

URL: https://www.todomountainbike.net/art/la-epo-en-el-ciclismo-que-es-y-como-afecta-a-los-ciclistas

 

 

Tags: , ,

6 Respostas a “EPO, a perigosa droga dos ciclistas”

  1. carmen.c.br Dixo:

    Esta noticia é o claro exemplo de cómo o abuso de certas sustancias poden acabar prexudicando á nosa saúde cardiovascular.
    O tratamento con EPO está indicado para persoas enfermas que sufran de anemias graves como, por exemplo, enfermos con insuficiencia renal, sida ou algún tipo de cáncer. Sen embargo, o uso do EPO como estimulante en xente san é moi perigoso, aínda que estea demostrado que a súa administración en pequenas doses si que axuda a aumentar a capacidade física, xa que pode ter efectos secundarios moi serios sobre a saúde, como aumentar o risco de formación de coágulos nos vasos sanguíneos.
    Dende o meu punto de vista non creo que sexa necesario prohibir o tratamento con EPO pois está demostrado que pode axudar a combater enfermidades relacionadas cun baixo número de glóbulos vermellos no organismo, como a anemia ou a insuficiencia renal. Así mesmo, opino que cada quen é libre para facer o que queira coa súa saúde sempre que esto non afecte ao resto de persoas. Con isto refírome a que se alguén, consciente dos efectos secundarios que o EPO pode conlevar, decide inxectarse con regularidade esta hormona, coa finalidade de aumentar a súa capacidade física, é libre de facelo.
    Por outra banda unha das cuestións que non se poden responder na actualidade é saber se existen efectos secundarios a largo prazo na administración habitual do EPO. Isto débese a que esta hormona glicoproteica comezouse a comercializar fai uns poucos anos e polo tanto aínda non se coñecen os efectos que pode ter a administración crónica desta hormona nos órganos nos que actúa de modo predominante (ril e médula ósea). O descoñecemento desta resposta, tan importante dende o punto de vista ético, é razón máis que suficiente para que eu non estea a favor do emprego de EPO en deportistas.
    Por iso pregunto eu: ¿Deberíamos entón permitir o emprego do dopaxe? O término dopaxe emprégase para describir o uso de sustancias que poden mellorar artificialmente a condición física ou mental dun deportista, e con ela o rendemento na práctica deportiva. Dende o meu punto de vista o dopaxe ou doping deportivo si debería estar controlado e mesmo prohibido; especialmente tendo en conta os ricos que o emprego de sustancias (como os estimulantes, os narcóticos, e os anabolizantes) e métodos de dopaxe (hormonas peptidicas, dopaxe Sanguíneo…) teñen para a saúde.

  2. alba.g.br Dixo:

    Esta noticia tan interesante reflexa a tendencia imparable dos humanos á manipulación egoísta e interesada da natureza e novos avances na ciencia. Cando se atopa algo bo deste estilo xa está alguna persoa pensando como pode aproveitarse economicamente ou conseguir algo sen o esforzó necesario.
    Esta EPO, a hormona glicoproteica sintetizada nos nosos riles, foi “imitada” nos laboratorios co fin de axudar a persoas con problemas renais e de glóbulos vermellos pero esto tiña que ahí..
    Pero xa se encargo xente de facer trampas para un maior rendemento no ciclismo, sen estudar os efectos secundarios e sen medidas. Cometeron un erro moi grande que se podería evitar cun maior esforzo, unha maior práctica e alimentación en nutrientes que proporcionen ferro para o grupo hemo da hemoglobina…
    Ese fallo costoulle a vida a uns 18 ciclistas por tentar facer trampa.
    Penso que o doping no deporte non está xustificado de ninguna maneira, un pode adquirir certas propiedades alimentándose, tempo antes da competición, cun certo nutrirte sen empregar fármacos que lle poidan costar a vida e o mérito de gañar nese deporte.
    Outros casos moi soados son os de doping por esteroides como a nandrolona que provoca un crecemiento muscular, estimulación do apetito e aumento da producción de glóbulos vermellos e da densidad ósea, así como cocaína e metanfetamina.

  3. ramon.f.br Dixo:

    Esta noticia demostra o interese do ser humano por ser o mellor aínda que sexa usando sustancias prohibidas e tamén prexudiciais se non se usan adecuadamente.
    O doping nos deportes e algo habitual,aínda que este prohibido. Pero este non foi o único caso xa que no 2014 varios corredores do equipo Kazajo; Astaná, estiveron sancionados. Tamén existen diversas sustancias como por exemplo a anfetamina.

  4. belen.m.br Dixo:

    Guille pregúntanos se nos parece ética e segura a dopaxe en deportistas, pois ben, debo responder negativamente a ambas cuestións. A miña resposta á primeira parte da pregunta ten unha explicación evidente, pois todos os deportistas deben competir nas mesmas condicións. Podemos preguntarnos a razón pola cal a dopaxe segue sendo un tema de actualidade habendo tantos controis formais nos grandes campionatos, pero substancias como a EPO son moi difíciles de detectar, xa que son hormonas que o organismo segrega de xeito natural. Por outra banda temos a seguridade, as substancias que os deportistas consomen para aumentar o seu rendemento, neste caso incrementando a cantidade de glóbulos vermellos en sangue, son, ao fin e ao cabo, medicamentos, drogas deseñadas para mellorar a nosa saúde; con todo, se non padecemos ningunha enfermidade, en lugar de mellorar a nosa saúde, poden empeorala, pois como dicimos a miúdo, nada é bo en exceso. A proba témola en todas as enfermidades cardiovasculares que se nos citan nesta entrada e que poden estar relacionadas co consumo de EPO.

  5. andrea.br Dixo:

    Na miña opinión, a dopaxe é algo “normal” no mundo do deporte e sobre todo no ciclismo. Vou comezar por mostrarvos as 5 primeiras etapas que compoñerán o Tour de Francia neste 2017:

    1ª etapa- 1 julio: Düsseldorf - Düsseldorf/ 13 Km.
    2ª etapa- 2 julio: Düsseldorf - Lieja/ 202 Km.
    3ª etapa- 3 julio: Verviers - Longwy/ 202 Km.
    4ª etapa- 4 julio: Mondorf-les-Bains - Vittel/ 203 Km.
    5ª etapa- 5 julio: Vittel - La Planche des Belles Filles / 160 Km.

    Estas son só 5 das 21 etapas desta coñecida competición de ciclismo. 780 km en cinco días, unha auténtica barbaridade. Non só son os kilómetros, senón que tamén hai que ter en conta o ritmo ao que van estas persoas. Non creo que sexa posible conseguir estas grandes xestas sen a axuda de determinadas substancias que aumenten o seu rendemento, capacidade cardíaca, masa muscular…
    En definitiva, penso que o que non é normal nin lóxico é esixirlle estas disparatadas marcas a estes deportistas.

    Con todo isto, non quero dicir que estea a favor da dopaxe, simplemente penso que só para rematar este tipo carreiras, non abonda con ter unha dieta sa e equilibrada ou adestrar moito.

  6. guillermo.a.br Dixo:

    Antes de nada teño que agradecer a todos polos vosos comentarios que axudan a complementar a miña noticia con nova información e distintas puntos de vista.
    Aproximadamente un 1% total de glóbulos vermellos do organismo tense que producir diariamente na médula ósea porque esa misma cantidade de glóbulos vermellos tamén se destrúe na médula espinal, no bazo e no fígado. Este ciclo de produción normalmente está controlado de maneira natural polo noso corpo que produce a cantidade axeitada de EPO para producir a cantidade axeitada de glóbulos vermellos e así manter os niveis de hematocrito estables.
    Este equilibrio é imprescindible para a nosa supervivencia e unha alteración nel supón grandes riscos que poden levar a morte . Con todo a EPO non é a única droga que causa graves danos irreparables nos deportistas: os anabolizantes producen esterilidade por artrofia testicular e calvicie; os estimulantes trastornos psicolóxicos, alteracións renais, dependencia física, hipertensión, arritmias e fallos respiratorios; os analxésicos depresión respiratoria e cardiovascular diminución da función renal, trastornos dixestivos (nauseas, vómitos, estreñimiento), trastornos psiquiátricos agudos e risco de dependencia. Todos estas sustancias axudan aos deportistas a mellorar o seu rendememte, pero a que prezo?
    Como dixo miña compeñeira Andrea a necesidade de tomar estas sustancias débese as grandes metas que nos impoñemos como seres humanos, pero eu penso que por moi grandes que poidan parecer xamáis deberíamos poñer a nosa saúde despois delas. Os controles de dopaxe non só teñen o obxetivo de impedir que se establezan diferencias ilícitas entre os competidores senón tamén a de protexer aos deportistas e previlos do seu consumo antes de que os seus efectos causen neles daños irreparables.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.