Qué foi antes, o ovo ou a galiña?

Unha das primeiras referencias ao inmortal dilema do ovo e a galiña aparece na obra do filósofo grego Aristóteles, quen afirmaba que o actual é sempre anterior ao potencial, e por tanto, o home precede sempre ao esperma, ou o que é o mesmo, a galiña precede ao ovo. Dende a Grecia clásica, os filósofos fixéronse esta pregunta, que nos fai pensar acerca da orixe do universo e a primeira causa.

Segundo a Teoría de Darwin a galiña actual xurdiu a partires dunha mutación doutra especie anterior. Polo tanto unha antecesora da galiña actual tivo que poñer un ovo que contiña un animal dunha raza diferente a súa, pero este ovo era de galiña ou en realidade seguía sendo do antecesor desta?. Para aclarar estas dúbidas entran en xogo os expertos en xenética actuais que chegaron a conclusión de que a galiña existiu antes que o ovo debido a existencia dunha proteína achada nos ovarios das galiñas, a ovocledidina-17 (OC-17) que cumpre unha función crave na formación da casca do ovo. En palabras dos descubridores desta proteína “este descubrimento fainos reflexionar por un momento e pensar se o ovo do que saíu a primeira galiña foi realmente un ovo de galiña”. Neste sentido, os investigadores suxiren que tivo que haber un embrión que se transformou na primeira galiña, aínda que sinalan que o ovo que puxeron os seus proxenitores “non tería o aspecto dun ovo de galiña tal e como o coñecemos hoxe en día”.

huevo

 Non obstante,  recoñeceuse que o dilema sobre que foi primeiro, o ovo ou a galiña, “nunca terá unha resposta definitiva no sentido de que non se pode verificar de acordo a métodos científicos irrefutables”. Por outra parte o descubrimento do rol que xoga a proteína OC-17 na formación da casca de ovo permitirá ademais avances no campo do medicamento á hora de crear ósos sintéticos e implantes máis parecidos aos reais.

Segundo o que lestes na noticia, cal pensades que e a resposta a esta ancestral pregunta?. O galo é unha especie de ave domestica que esta presente en todos os continentes, pensades que o home puido ter algo que ver ca aparición das primeiras galiñas e co seu espallamento ao redor do globo?

URL da noticia:  http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/ila-gallina-fue-antes-que-el-huevo

Tags: Evolución, xenética, Darwin

 

Tags: ,

5 Respostas a “Qué foi antes, o ovo ou a galiña?”

  1. alba.br Dixo:

    Unha das teorías que explican a orixe de novas especies denomínase especiación. Esta consiste nun proceso no cal unha poboación de determinada especie da lugar a outra ou outras, en relación a poboción orixinal, por mor dos aillamentos, os cales poden ter lugar por emigración ou por barreiras. Considero que esta teoría se pode ter en conta á hora de leer este artículo.

  2. ramon.f.br Dixo:

    Esta noticia aclara a pregunta que todos nos fixemos algunha vez, debido a que sempre houbo a discusión de que fora antes se o ovo ou a galiña, e demostrouse que fora a galiña. Creo que a expansión do galo tivo que ver co humanos, pero despois do Neolitico, xa que foi cando empezaron a domesticar animais.

  3. estefania.v.br Dixo:

    Todos en algún momento fixémonos ou fixemoslle esta pregunta a alguén, que é primeiro a galiña ou o ovo? Pareceme moi interesante o tema do que fala (a especialización) e creo que é unha noticia moi chamativa e que calquera persoa parariase a ler.

  4. marta.s.br Dixo:

    A cuestión ” Quen foi primeiro, o ovo ou a galiña?” é un dilema que conduxo aos filósofos antigos a cuestionar como se orixinou a vida e o Universo.Facerse esta cuestión na fala popular é unha falacia do tipo ” circulo vicioso”.Non ten unha resposta difinitiva na actualidade debido á falta de información sobre a orixe da vida, pero si ten diversas teorías como a que se explica nesta noticia. O dilema entón procura elevarse tamén a cuestiones metafísicas, cun planteamiento metafórico.

  5. guillermo.a.br Dixo:

    En relación ao comentario da Alba, en verdade o proceso de especiación cumpre un papel crave na explicación da tese desta noticia. Foi este proceso o que causou que o ancestro da galiña dera a luz as primeiros galiñas modernas cuxo misterioso desenvolvemento deu orixe ao inmortal dilema que se discute neste post: quen foi antes a galiña ou o seu ovo?
    Ademáis, Ramón, a túa suposición sobre a expansión dos galos é correcta pois sábese que a apareción das primeriras galiñas coincide co desenvolvemento das primeriras sociedades gandeiras fai 10.000 anos en China.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.