Por qué non somos capaces de predicir os terremotos?

Hoxe en día é moi difícil predicir un terremoto, por non dicir case imposible. De momento non hay ningún método capaz de detectalos de forma inminente.

Os habitantes dos lugares cun risco sísmico elevado, como por exemplo, Ecuador, son conscientes de que en calquera momento poden ser sacudidos por un gran tremor da terra. Pero, en que momento poderán os científicos  saber con antelación cando se vai a producir un terremoto igual que o fai un meteorólogo coa chegada dun anticiclón ou dunha borrasca? Os científicos aseguran que ata o momento non dispoñen de ningunha técnica que lles permita descubrir este gran avance, pero aseguran que existen moitos grupos expertos investigando sobre isto, e que sen ningunha dúbida o conseguirán nun futuro.

Os grupos de investigadores propoñen que unha das mellores formas de ter controlada a superficie terrestre é observándoa dende o alto, entón pensan crear redes de satélites que conteñan sistemas ópticos para rexistrar os movementos das placas tectónicas. Mentres investigan neste eido, ante a falta de predición, é moi importante incidir na alerta de emerxencia, evacuación e prevención ante un terremoto para que a poboación tome as medidas necesarias.

imagen

http://www.elconfidencial.com/tecnologia/2015-02-24/por-que-todavia-no-somos-capaces-de-predecir-los-terremotos_716988/

 

Tags: , , ,

5 Respostas a “Por qué non somos capaces de predicir os terremotos?”

  1. alba.br Dixo:

    De hoxe en día todavía non se desenvolveron os métodos necesarios para predecir cando terá lugar un sismo, pero si xurdiron sistemas para establecer posibles aproximacións. Mediante a evaluación do peligro sísmico das fallas é posible estimar a probabilidade dun terremoto dun tamaño dado que efectará a un lugar determinado durante certo número de anos. Isto xa é un avance, e o adecuado é seguir avanzando neste campo para chegar a poder predecir o día ou o mes concreto no que terá lugar unha destas catástrofes naturais.

  2. estefania.v.br Dixo:

    Certo é, que ainda non se desenvolveron métodos de predicción de sismo, pero pouco a pouco vanse descubrindo formas para avaliar o perigo dun terremoto que afectará durante anos a un lugar

  3. j.manuel.m.br Dixo:

    Non podemos predicir os terremotros, pero si previlos. por eso é importante saber que facer en caso que ocorra un sismo.

    Escoller un lugar seguro dentro da casa. Pode ser debaixo dunha mesa resistente ou apoiarse a unha parede afastada das xanelas.Un simulacro de terremoto é importante porque deste xeito coñecemos de anteman como reaccionar a este desastre natural. Saber como utilizar o extintor de incendios e ter algún coñecemento de primeiros ausilios, podería ser útil para terremotos. Preparar un kit de urxencia pequeno, algunhas botellas de auga, lámpadas e baterías, e poñer todos estes obxectos preto da entrada evitar riscos e axudar a evacuar a casa axiña. Se vostede vive nunha área de tremores constantes sería aconsellable para protexer os seus móbiles á parede.

  4. guillermo.a.br Dixo:

    É verdadeiramente perturbador que con todos os avances tecnolóxicos que posuímos non sexamos capaces de crear unha maquina capaz de predecir sismos de maneira eficaz. So somos capaces de detectalos no momento que se producen mediante sismógrafos os cales poden proporcionar unha advertencia de poucos segundos antes de que os principais tremores cheguen a un lugar determinado. Estes sismógrafos aproveitan as diferentes velocidades de propagación das distintas ondas sísmicas ondas xeradas por un sismo, pero esta información so nos permite predecir as réplicas doutro terremoto. O que necesitamos son maquinas capaces de mostrarnos con total claridade a dinámica interna da codia. Desta maneira seríamos capaces de predecir o momento e o lugar exacto onde se producirá un sismo e as zonas da superficie que afectará.

  5. ramon.f.br Dixo:

    É verdade que non existe un aparello tecnolóxico para predicir os terremotos, cousa que causa bastante inseguridade debido as mortes que provocan estes fenómenos. Pero moitos investigadores afirman que hai animais de compañía que detectan os movementos sísmico como por exemplo o can (cambia bruscamente o seu comportamento) ou o gato (intenta escapar para buscar refuxio a aire libre). Esto pode supor un avance xa que aínda que non sexa eficaz cen por cen, si que haberá en casos nos que poidan evitar catástrofes.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.