A GRAN IGNORADA: A ANOREXIA MASCULINA

A anorexia é un trastorno alimentario que non exclúe aos varóns e aínda que é verdade que os casos son menos en comparación co xénero feminino, a desinformación fai que na sociedade unha gran maioría pense que esta patoloxía é exclusiva das mulleres. Ademais, moitas veces os médicos non son capaces de diagnosticala en homes por este motivo.

Cabe dicir que aínda que estamos a falar da mesma doenza, existen varias diferenzas entre os dous sexos. Unha delas é a maneira de adelgazar, as mulleres céntranse máis na alimentación e os homes no exercicio físico. Por outra banda temos as respostas aos tratamentos, que son máis rápidas neles ca nelas. Este último aspecto pode ter dúas posibles explicacións, un psiquiatra que traballou, xunto con outros profesionais, nun proxecto de estudo da enfermidade nos dous sexos di: “Quizais teña que ver co cerebro emocional do home,que responde mellor ás mensaxes máis directas e concretas.” A outra posible explicación argumenta que as rapazas que sofren anorexia adoitan ser moi boas alumnas, moi perfeccionistas e tenaces, mentres que no caso deles, non. Así, para elas sería moito máis difícil cambiar un hábito, o alimentario, neste caso.

imagen

Outra cuestión a destacar é a do perfil de varón que sofre esta enfermidade. Os homosexuais pódense ver afectados por unha anorexia nerviosa na súa adolescencia, para refuxiarse neste problema e non afrontar o de recoñecer a súa orientación sexual. Tamén a poden sufrir debido ás presións do colectivo gay, que lle dá bastante importancia ao estereotipo da delgadeza. Por outro lado temos os nenos con sobrepeso, que ao sentirse rexeitados poden chegar ao extremo oposto, ou os nenos que practican algún deporte infantil nunha categoría alta e que, se non chegan ao nivel desexado, se frustran e o pagan coa comida e o exercicio compulsivo.

Vós coñeciades a existencia de casos de anorexia masculina? E que opinades de todas as presións sociais que desembocan neste tipo de trastorno?

FONTE: http://elpais.com/elpais/2014/10/24/ciencia/1414168230_470691.html

 

Tags: , ,

8 Respostas a “A GRAN IGNORADA: A ANOREXIA MASCULINA”

  1. maria.p.b.br Dixo:

    Este artigo a min paréceme moi interesante, xa que se adóitase pensar que a anorexia no xénero masculino non existe, aínda que sea máis notable nas mulleres, está ben saber que os homes tamén a poden sufrir de diferentes maneiras.
    En xeral, referido as presións sociais, paréceme que son as culpables de que estas enfermidades, coma a anorexia, se sigan producindo, por exemplo, os estereotipos que chegan a nós, do que é estar nunha talla axeitada, aféctanos na forma de vernos a nos mesmos se non cumpres esas “pautas”, e tamén a presión dun determinado grupo, por querer estar coma eles obrígaste a ti mesmo a cambiar por non ser diferente a ese determinado grupo.

  2. andrea.br Dixo:

    Esta noticia pareceume moi interesante, xa que durante anos a anorexia foi considerada unha enfermidade de “xénero feminino”. Actualmente, a cantidade de homes que se ven afectados por esta enfermidade representan o 5% do total de persoas que a padecen. Como consecuencia, estes casos están moi pouco investigados e polo tanto resulta moi difícil atopar información ao respecto.
    En canto as preguntas que nos plantexa Belén, non hai dúbida que os cánones de beleza impostos pola sociedade están detrás de todo isto. Poñamos como exemplo os medios de publicidade. Son incribles os modelos de beleza que nos presentan, case sinónimos de delgadez extrema e moi alonxados da realidade. A influencia que estes teñen sobre a sociedade é enorme, sobre todo nos adolescentes. Moitos deles ven a estas persoas como modelos a seguir e tratan de parecerse o máximo posible a eles (en ocasións, vense obrigados a facelo xa que senón cumpren estes patróns son discriminados, humillados…), dando lugar en moitos casos a trastornos alimenticios como a anorexia.

  3. carmen.c.br Dixo:

    Os casos de anorexia masculina eran e seguen a ser moi escasos (apenas un 10% dos casos) e pasa máis inadvertida que entre as mulleres. Por iso os trastornos relacionados coa nutrición estudáronse, tradicionalmente, como condicións, esencialmente peculiares ao sexo feminino.

    Debido a este feito na actualidade moitas persoas con estudos son incapaces de diagnosticar esta enfermidade nos homes, especialmente se se atopan na puberdade, é dicir, no seu desenvolvemento físico. A todo isto súmaselle que non todos os casos de anorexia son igual de evidentes e que na súa presentación clínica, as anorexias difiren entre os xéneros.

    A miúdo as mulleres que padecen este trastorno poden pasar días sen comer, mentres que os homes tenden a pasar demasiado tempo no ximnasio. Do mesmo xeito os factores, como poden ser a presión social ou o rexeitamento por parte do entorno social, que actúan favorecendo a aparición de esta enfermidade non sempre son os mesmos en ambos sexos, no caso dos homes.

    Na miña opinión temos que comezar a falar da anorexia non soamente como un trastorno feminino senón como unha enfermidade que poden padecer persoas de ambos sexos.

  4. cristina.c.br Dixo:

    A información que nos esta a achegar esta noticia e de gran importancia.
    A anorexia entre os homes es minoritaria (apenas un 10% dos casos) E pasa máis inadvertida que entre as mulleres (nenas, adolescentes, xóvenes, fundamentalmente). Pero a pesar de ser un trastorno ignorado durante anos, non solo existe; senón que ten as súas particularidades respecto as mulleres. Por exemplo, destaca a proporción de homosexuais, que e superior entre os pacientes varóns. Tamén hai diferenzas as estratexias empregadas para perder peso por las vítimas desta disfunción da conduta alimentaria: en lugar de recorrer a prácticas como os vómitos, eles tenden a desenvolver outros comportamentos como a obsesión polo exercicio. E incluso hai máis casos de comportamentos cruzados con depresión e el abuso de drogas.
    A gran maioría das ocasións os canons impostos pola sociedade son os que provocan estas iniciativas na xente nova para “poder encaixar na sociedade”.

  5. marta.s.br Dixo:

    Esta noticia faime pensar que a sociedade ten a maior culpa dista enfermidade, nunha parte debido ás presións que provoca e que fan desembocar na anorexia, senón tamén o feito de esquecer que os homes tamén a poden sufrir.
    Aínda que poden existir casos moi diversos e con maior ou menor gravidade nos homes e nas mulleres, considero que a maioría dos homes poden sufrir máis cas mulleres,polo feito de que está menos recoñecida e se fala menos dela. Opinades o mesmo?

  6. sara.g.br Dixo:

    Esta noticia é moi interesante, xa que aquí reflíctense os estereotipos da sociedade; neste caso, relaciónase a figura da muller ca anorexia, trastorno alimenticio que ata ás veces aos médicos cústalles diagnosticar. Témonos que concienciar todos e todas de que a anorexia é unha enfermidade grave, que non afecta a un so xénero senón aos dous, aínda que si que é mais frecuente no xénero feminino non podemos desprezar ao grupo de homes que se ven afectados; nunca é bo xeneralizar.

  7. j.manuel.m.br Dixo:

    Como as mulleres que sofren destes problemas, os homes que desenvolven trastornos alimentarios tamén teñen historias de obesidade que os fixeron obxeto de burlas nalgún punto. A forte crenza de que se adelgaza será máis atractivo ou máis queridos e a obriga de manter un peso específico polo seu traballo.

    Un número significativo de homes con trastornos alimentarios é homosexual o que non significa que é exclusivo para este grupo. Quizais iso ten máis que ver coa nosa cultura que non pon moitas esixencias sobre o home heterosexual no coidado da súa presentación física. Só se lle pide que sexa forte en caso de que lle sobren algúns kilos.

  8. guillermo.a.br Dixo:

    Como ben di Belén a anorexia é un problema tanto de homes como de mulleres que se debe, na meirande parte dos casos, a unha sociedade que nos fai asociar ilóxicamente determinados rasgos como a delgadez cuns denominados”canones de beleza” que impiden a xente sentirse a gusto consigo mesmo e os acaba producindo serios problemas mentáis. De feito a anorexia dase sobre todo en adolescentes da nosa idade que están pasando por unhas etapas de desenvolvemento persoal moi críticas que nos fan mais vulnerables a sufrir estes comportamentos. Ademais, respondendo a pregunta de Marta, penso que aos varóns con este tipo comportamento lles debe costar mais admitilo ao estar considerado unha doenza exclusiva das mulleres.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.