Unha catástrofe que puido ser evitada.

Un xeólogo italiano acusa ao seu país de estar mal preparado contra os sismos que afectan constantemente a rexión dos Apeninos. Na súa opinión, os edificios derrúbanse como castelos de naipes porque estaban mal construídos e moi mal mantidos, sen ningún criterio antisísmico. Nos terremotos como de Amatrice ou no de L’Aquila, de magnitude 6,0 na escala Ritchter, non só se esborrallaron monumentos históricos, tamén edificios modernos, como ocorreu cun hospital en Amatrice. Nas palabras deste xeólogo, unha sacudida sísmica desa magnitude non debería  causar eses derrubes e número de vítimas nun país avanzado.

Os expertos subliñan que os terremotos non se poden predicir, pero si é posible a prevención para diminuír os seus efectos. Italia é un territorio xeoloxicamente novo e situado entre tres placas tectónicas, polo tanto sofre sacudidas estruturais de axuste, sendo unha zona con especial risco sísmico. Debido a isto Italia tense que por mans a obra para facer a boa construción pública da que necesita o país: hai que restaurar os centros históricos e os pobos das zonas de montaña. Os expertos consideran que esta obra de prevención custaría moito menos a Italia, non só en termos de vidas humanas, senón tamén dende o punto de vista económico.

 

Pensades que o que se di nesta noticia podería ter importancia nun lugar como Galicia?, Credes que estes sucesos débense a unha mala ordenación do territorio?, Que máis sabedes sobra a situación xeolóxica de Italia?, Que outras escalas coñecedes para medir terremotos? e que criterios antisísmicos? poderiádesme dicir?

http://www.abc.es/internacional/abci-terremotos-italia-tragedia-repite-falta-prevencion-y-construccion-deficiente-201608250353_noticia.html

 

Tags: , ,

5 Respostas a “Unha catástrofe que puido ser evitada.”

  1. j.manuel.m.br Dixo:

    A diferenza da escala de Richter, a Mercalli mide danos de terremotos e non a súa intensidade, cuantificar o tipo eo tipo de desastre que causou. A cadea Escala Mercalli, utilizada desde 1931.
    Pode indicar o grao de percepción de persoas e o seu nivel de destrución. Sobre II, un tremor é considerado pouco perceptible e a partir de V, prodúcese algún nivel de destrución.Un tremor VI na escala de Mercalli, considérase perceptible por todas as persoas e desde VII hai posibilidade de danos estruturais en construcións lixeiras.O grao XII, o máximo, de acordo coa escala de Mercalli, obtendo destrución total. O terremoto máis forte na historia, ocorreu en 1960 en Valdivia, Chile con 9,5 escala Richter, na escala de Mercalli recibe un grao de XI.

  2. ramon.f.br Dixo:

    Penso que unha noticia como esta en Galicia tería importancia xa que en Sarria, Triacastela e Becerreá (Lugo) hai varios anos dérase un terremoto de 5,1. Os sucesos débense sobre todo porque a maioría das vivendas non debía cumprían a normativa antisísmica, debido a que un terremoto de algo máis de 5 grados na escala Richter non debía de causar tantos danos, aínda que esta zona é unha zona de alto risco sísmico debido a que esta no borde de tres placas (Euroasiática, Aficana e Adriatica). A parte da de Richter, tamen se usa a de Mercalli. Ainda que a de Richter se usa para medir magnitudes, mentres que a de Mercalli se usa para medir o dano. Pero a pesar dos danos que causou este terremoto, non foi especialmente forte, sobre todo se o comparamos co terremoto de Sicilia de 1693 que tivo i¡unha magnitude de 7,5.

  3. alba.br Dixo:

    Evitar una catástrofe como a ocorrida en Italia é moi complicado.
    Aínda así, pregúntome como, se se coñece que Italia se atopa situada entre tres placas tectónicas e se sabe, que debido a isto, é un lugar de gran risco sísmico, como puido ser que dende un principio non se edificara cas medidas de precaución necesarias, para cando acontecen estes fenómenos.

  4. marta.s.br Dixo:

    Este suceso pódese explicar debido a que Italia é un lugar que está situado entre tres placas tectónicas, polo cal esta zona sofre sacudidas constantemente cun especial risco sísmico.
    Pero o que non consigo entender e non lle encontrou explicación, é como nunca país tan avanzado como o é Italia non se tomaran as medidas de prevención e non se cumprira a normativa antisísmica tendo en conta o risco sísmico no que se encontra.
    Para evitar estas catástrofes existen numerosas técnicas de reparación ou reforzo que empregan os arquitectos e enxeñeiros para mellorar as estruturas históricas e poder obter a súa resistencia a estes terremotos.
    Estas técnicas débense centrar fundamentalmente na seguridade física das persoas,na protección e no mantemento dos edificios.

  5. estefania.v.br Dixo:

    Ao Italia estar situado entre placas tectónicas, sofre grandes temblores, e o peor de todo é que un pais tan avanzado non tome medidas de prevención na construcción de edificios…

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.