ÓRGANOS DE PORCO PARA HUMANOS

A posibilidade de que se realice un transplante dalgún órgano destes mamíferos para substituír aos dos humanos é cada vez maior, poderiamos dicir que o máis difícil desta tarefa xa está feito.

O principal problema que se presentaba ao pensar nesta posibilidade era a presenza de 62 retrovirus nos xenomas destes animais, é dicir, de virus cuxo material xenético é un ácido ribonucleico que posúe unha encima  que o copia para dar lugar a ácido desoxirribonucleico ao penetrar nunha célula viva. Deste xeito, varios investigadores realizaron un minucioso labor para eliminar estes inimigos. Lográrono utilizando o chamado método CRISPR, unha ferramenta molecular utilizada para “editar” o xenoma de calquera célula, algo así como unas “tesoiras” capaces de cortar calquera molécula de ADN. Esa capacidade de cortar o material xenético é o que permite modificar a súa secuencia, eliminando ou insertando novo ADN.

imagen

 Cabe dicir que este avance tamén contribuíu á mellora desta importante técnica, na que están postas moitas esperanzas, xa que pode ser unha boa solución para acabar con diversas enfermidades hereditarias, entre elas as enfermidades raras, que lle afectan a unha boa parte da poboación.

Que vos parece a posibilidade de poder utilizar órganos porcinos nos transplantes a humanos no futuro? E que me dicides do que pode chegar a supoñer a técnica do CRISPR?

FONTE: http://elpais.com/elpais/2015/10/13/ciencia/1444734154_975036.html

 

Tags: , , , , , ,

3 Respostas a “ÓRGANOS DE PORCO PARA HUMANOS”

  1. carolina.br Dixo:

    A falta de doantes é un problema bastante grave e iso que na actualidade a xente esta cada vez máis concienciada ao respecto e cada vez hai un maior número de doantes, pero aínda así, como ben se di neste post, e insuficiente xa que a unha gran porcentaxe de persoas non lles chega a tempo. O método CRISPR pareceme un gran avance que so pode mellorar as nosas vidas, tamén me parece moi curioso o sistema CRISPR/Cas que actúa como un sistema inmune procariótico que confire unha resistencia a axentes externos como plásmidos e fagos e proporciona unha forma de inmunidade adquirida.

  2. alba.br Dixo:

    É certo, como di Carolina, que a falta de doantes e bastante grave na actualidade aínda que cada vez surxan máis persoas concienciadas.
    En cambio, ao leer esta noticia non podo evitar sentir certa repulsión, pois non coñezo ata que punto podería ser considerado como un acto antinatural. Ademáis, o feito de infravalorar a vida animal para facer prevalecer a humana resulta hipócrita e froito do sentimento de superioridade que temos como especie.

  3. guillermo.a.br Dixo:

    O CRISPR é un sistema de defensa que posúen algunhas bacterias e archaeas para defenderse dos virus. Básicamente son cadeas moi longas de secuencias de ADN, que teñen asociadas uns xenes que codifican nucleasas, isto é, enzimas especializadas en “desfacer” ácidos nucleicos, e que se denominan xenes Cas. Cando un virus entra dentro da bacteria toma o control da maquinaria celular e para iso interacciona con distintos compoñentes celulares. Pero as bacterias que teñen este sistema de defensa teñen un complexo formado por unha proteína Cas unida ao ARN producido a partir das secuencias CRISPR. Entón o material xénico do virus pode interaccionar con este complexo. Se ocorre iso, o material xenético viral é inactivado e posteriormente degradado. Pero o sistema vai máis aló. As proteínas Cas son capaces de coller unha pequena parte do ADN viral, modificalo e integralo dentro do conxunto de secuencias CRISPR. Desa forma, se esa bacteria (ou a súa descendencia) atópase con ese mesmo virus, agora inactivará de forma moito máis eficiente ao material xenético viral. É, por tanto, un verdadeiro sistema inmune de bacterias.
    Neste noticia os xenetistas aproveitan esta eficiente sistema antiviral creada pola “naturaleza” e a súa intensa selección natural, para combater aos numerosos virus que habitan no xenoma dos porcos. Cabe destacar que o
    a orixe desde método tivo lugar nas Salinas de Santa Pola (Alicante) onde un científico español atopou nestas secuencias de ADN a posibilidade de crear unha ferramenta de edición “programable” que servise para cortar calquera cadea de ADN ou ARN.
    Na miña opinión, a posibilidade de crear porcos transxénicos cos que obter órganos transplantes sans para humanos representaría un dos maiores avances no ámbito da biomediciña moderna. Isto permitiría salvar a vida de miles de persoas que morren ao ano porque non obtiveron o transplante que necesitaban, ben porque era moi difícil de conseguir, como un transplante de médula ósea ou de corazón, ou porque non o puideron conseguilo a tempo. Con todo, os xenetistas desta noticia aínda terían que superar un impotante escollo para conseguir o seu obxectivo que é a incompatibilidade xenética da nosa especie ca dos porcos a cal produce unha resposta inmunolóxica por parte de noso corpo contra un transplante dun organismo que non sexa da nosa mesma especie e do no noso mesmo grupo sanguíneo.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.