O lince ibérico volve a conquistar territorio castelán-manchego
Un lince macho e unha lince femia foron postos en liberdade nas provincias de Toledo e Ciudad Real como parte do proxecto europeo Life-Iberline, cuxo obxetivo é que a especie deixe de estar en perigo de extinción.
En anos anteriores soltáronse outros 22 linces ibéricos, e dende a Consellería de Agricultura móstranse satisfeitos cos resultados, cunhas baixas mínimas. O maior perigo para a súa supervivencia son os atropelos, así que piden aos conductores precaución nestas zonas.
O proxecto conta cun gran orzamento por parte da Unión Europea, e encárase o futuro da especie con optimismo.
Noticia completa aquí.
Tags: animais, lince ibérico, perigo de extinción
Sábado 7 de Outubro do 2017 ás 9:50 pm
Cando nos preguntan por especies en perigo de extinción, a primeira que se nos vén á mente é o lince ibérico, pois é a máis destacable en España. Actualmente existen menos de 500 individuos en toda a Península, e isto, grazas á liberación de algúns exemplares cada ano. Ademais das ameazas evidentes, tales como os atropelos mencionados nesta noticia ou o furtivismo, estes mamíferos están en perigo debido a unha enfermidade vírico-hemorráxica e tamén pola escaseza de coellos nos seus ecosistemas, os cales son as súas presas principais. Por outra banda cabe engadir un triste dato, posteriormente á publicación deste post de Pablo produciuse un incendio no Parque Natural de Doñana no que Homer, unha femia en idade reprodutiva, faleceu debido ao estrés que lle causou a súa captura e transporte ao desaloxala da zona en chamas.