Despedida do curso 13-14

imagen

Un ano máis despedimos a actividade do blog de ciencia do IES de Brión. Durante este curso participaron alumnos e alumnas de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato que co seu esforzo: buscando noticias interesantes relacionadas ca ciencia, presentándonolas de xeito atractivo e fomentando o debate e a curiosidade arredor delas, conseguiron mantelo.

Grazas!

Ao longo deste curso tivemos tamén actividades que merecen unha mención especial, como a visita ao Centro de Investigacións sanitarias de Santiago de Compostela. Pouco despois desta Lucía Adeva e Marina González escribían o seguinte:

 O pasado venres 21 de marzo os compañeiros/as de bacharelato tivemos a opotunidade de visitar o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago de Compostela. Este encárgase do estudo en biomedicina, que leva as ciencias da natureza á práctica clínica. Como ben vimos, está estruturado en diferentes seminarios, que abordan as enfermedades que máis afectan á poboación (cardiovasculares, cancro, metabólicas, neurolóxicas…) para tratar de conseguir fármacos.

Esta entidade foi constituída en 2008, e é o resultado da fusión de máis de 120 grupos de investigación. Nel teñen cabida tanto biólogos, químicos e médicos, como técnicos (de laboratorio, anatomía patolóxica, etc), físicos, matemáticos…

Durante a visita fixemos un percorrido por distintos laboratorios onde puidemos observar o día a día dos investigadores e a súa dinámica de traballo. De forma específica, visitamos o departamento dedicado á investigación oncolóxica, onde puidemos observar e manipular tecidos tumorais.

Para nós, este tipo de visitas resultan moi enriquecedoras, xa que nos abren novas ventás de cara o mundo da ciencia.

 

Tamén tivemos a oportunide de entrevistar para a radio do instituto a  Francisca Lago, investigadora do IDIS que nos falou do traballo dos e das científicas, das dificultades e esixencias pero tamén das alegrías dunha vida dedicada á ciencia, podedes escoitar a entrevista na seguinte ligazón:

http://radiodoiesdebrion.wordpress.com/2014/06/04/entrevista-a-francisca-lago-investigadora-do-idis/

 

Tags: ,

Unha resposta a “Despedida do curso 13-14”

  1. marina.br Dixo:

    O IDIS como ven dixemos Lucía e máis eu é unha Institución formada por todo tipo de ciéntificos, expecializados nas diferentes ramas da ciencia, onde se estudia a biomedicina. Os meus compañeiros máis eu fomos os pioneiros en facer rutas guiadas neste centro e sen dúbida foi unha experiencia moi gratificante. Esta excursión comezou por unha ruta de laboratorio en laboratorio ( laboratorio de enfermidades cardiovasculares, cancros, enfermidades metabólicas, enfermidades neurolóxicas…) Isto fíxonos adentrarnos nos verdadeiros traballos que realizan os ciéntificos. Lucía e máis eu tivemos a sorte de porder visitar un pequeno laboratorio adicado ao estudo do cancro e manipulamos os instrumentos como verdadeiras entendidas. O noso traballo non foi nada máis nin nada menos que manipular tecidos. Creo que foi unha experiencia magnífica que sen dúbida repetiría. Esta visita serviume para asegurar que o meu futuro ,con sorte, estará relacionado con ese mundo.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.