Que está pasando na illa de El Hierro?

 

imagen

Seguramente estaredes ao tanto das noticias que veñen das Illas Canarias estes días, despois de moito anunciarse (incontables pequenos seismos, ruídos baixo o mar, emisión de gases, peixes mortos) por fin confírmase que se produciron erupcións volcánicas submariñas en El Hierro. Despois dun tempo de incertidume e preocupación os habitantes da Illa respiran un pouco aliviados, as erupcións ocorren a uns 5 Km da costa e parece que non hai risco. E os que esperaban ver unha erupción espectacular que dera lugar a un enorme edificio en forma de cono e que quizais fixera medrar a illa, parece que terán que quedar coas ganas (ou non?).

Impresionan os volcáns: suscitan unha mestura de medo, respecto e admiración; son unha testemuña das fantásticas forzas que se dan debaixo dos nosos pés, forzas que os ser humano non controla…Aínda (?).

Non sei a vós, pero a min véñenme á cabeza un montón de cuestións: que implicacións ten o feito de que sexa unha erupción submariña? Que tipos de lavas se orixinarán? Que consecuencias pode ter para o ecosistema nesa zona? E para os habitantes da Illa? Como pode evolucionar este episodio volcánico no futuro? Medrará a Illa? Aparecerá unha nova?

E unha moi elemental: como se explica a orixe do vulcanismo en Canarias se non está nun límite de placas?

Seguro que tés moito que dicir, comentar, engadir; esperamos as túas achegas.

Fontes: http://www.laopinion.es, www.elpais.es, etc

 

Tags: ,

14 Respostas a “Que está pasando na illa de El Hierro?”

  1. daniel.br Dixo:

    O de que sexa unha erupción submariña pode influír en que aí se forme unha illa volcánica. Da erupción recolléronse restos de piroclastos, estes no exterior son de color negruzco con forma redondeada ou ovaladas, non obstante, no interior son azuis e porosos. Respecto ás consecuencias para o ecosistema hainas positivas e negativas. A morte de moitos peixes é unha consecuencia negativa, pero isto vai provocar unha enorme fertilización dos microorganismos submariños e fará que prolifere a flora e a fauna submariña. Eu penso que non afectara a poboación.
    Aínda non se sabe moi ben neste momento como vai evolucionar o vulcanismo; pero seguramente siga saíndo magma un pouco mais tempo. Eu penso que a illa non aumentará o seu tamaño pero si se poderán formar pequenas illas cerca de El Hierro pero tampouco e seguro, pois nas Azores pasara algo parecido e non se formou ningunha illa nova.
    As illas Canarias formáronse polo ascenso dun penacho termico e abreuse un punto quento que fixo que empezara a fundir a litosfera e orixinar sucesivamente volcáns que se foron agregando.

  2. anton.br Dixo:

    En primeiro lugar, haberá que falar sobre a orixe das Illas Canarias. Estas illas foron o fruto dun intenso vulcanismo debido a un punto quente, é dicir, un ascenso de materiais dende a mesosfera que se acumulan na litosfera formando magma e ás veces saen á superficie en forma de lava. O tipo de lava que se formará neste caso, ao ser unha erupción submariña, será a chamada “lava almofadada”, lavas basálticas solidificadas nun ambiente subacuático que se acumulan no fondo mariño.
    - As consecuencias para o ecosistema da zona poden ser moi malas e preocupantes, xa que a Tª da auga aumentou e hai unha gran emisión de gases, polo que os animais que estaban habituados ao outras condicións ambientais poida que non resistan ese cambio.
    - Os habitantes da illa viven con medo continuo, e eso non é bo. Ademais, se se da o caso de que erupcione un volcán en terra, algúns perderían todo o que teñen.
    - No futuro, este arquipélago está destinado a crecer máis. As illas máis antigas son Lanzarote e Fuerteventura e as máis novas La Palma e El Hierro, polo que seguramente xurdan novas illas cara o oeste, é dicir, preto das dúas últimas.

  3. nerea.br Dixo:

    É certo que as Illas Canarias están lonxe dun límite de placas, malia isto, estase a dar vulcanismo, provocado polos denominados puntos quentes que se dan puntualmente no fondo mariño polo ascenso de material procedente da mesosfera que provoca fisuras na litosfera.
    O feito de que se trate dunha erupción submariña pode provocar que un dos penachos quentes que están ascendendo continuamente chegue ata a superficie de modo puntual e tratandose xa dun punto quente produza a orixe dunha nova illa nas Canarias, a partir de lavas basálticas solidificadas que se acumularán no fondo mariño.
    Aínda que existen medidas de precaución, detactouse un aumento da actividade sísmica na zona, aumentando tamén a magnitude dos seísmos que vai dos 1,5 ata os 2,4 grados na escala de Richter, o que pode afectar, tanto ao ecosistema; coa morte de seres vivos polas elevadas temperaturas; como á poboación, no caso de que este proceso vaia a máis.

  4. joaquin.br Dixo:

    Moitos investigadores afirman que non é o movemento de placas, nin a rotura de rochas, nin puntos quentes nin nada diso o que provoca estes fenómenos en El Hierro, senón que, esta Illa é moi esbelta (só 4km de altura) e vibra con calquera tipo de emisión de enerxía. E a enerxía que fai que vibre esta Illa fórmase cando a superficie terrestre enfría e se orixinan buratos por donde pasa a auga dos océanos, e nalgúns casos comunica co magma do interior a 1500ºC, entón cando isto ocorre, esa agua evapórase instantáneamente orixinando unha grande fonte de enerxía que move Illas e montañas. Cando pasa isto, poden ocorrer 4 cousas:
    1) Que esos fluxos de vapor de auga saian limpamente polos cráteres a moita presión, ata que se peche a comunicación co magma.
    2) Que non saian tan limpamente porque ofrcen moita resistencia os condutos, orixinando así terremotos e erupcións volcánicas.
    3) Que se creen novos e grandes cráteres no fondo do océano con grandes terremotos e tsunamis.
    4) Que se cree un gran terremoto exterior porque a presión escapou por outros condutos a outra parte do océano ao taponarse coa superficie.
    Pode pasar calquera destas 4 cousas ou incluso outras, porque depende de moitas variables físicas… Só queda desexarlle sorte para todos os isleños canarios!!

  5. lorena.br Dixo:

    As illas Canarias son a única rexión de España con vulcanismo activo, onde houbo erupcións volcánicas e onde hai un risco de que se repitan nun futuro. Actualmente, produciuse alí unha erupción submariña, que teñen como defecto que adoitan pasar desapercibidas, porque a presión elevada da auga provoca a disolución dos gases, polo que este tipo de erupción non se pode ver na superficie do mar. Máis tarde, sí será posible divisar isto debido a aparación no mar dunha mezcla de gases e de magma, un fluído piroclástico. Estas erupcións volcánicas que se producen nos fondos oceánicos, sí poden formar novas illas volcánicas, ao ascender materiais.
    Isto pode traer unha serie de consecuencias para as especies que se dan naquela zona, xa que a temperatura cambiaría, elevándose. De momento, algúns habitantes da illa foron desaloxados, pero esperemos que non haxa ningunha gran consecuencia para a poboación.
    Todos sabemos que as illas Canarias non están situadas nun límite de placas, pero pódese igualmente producir o vulcanismo, debido a presenza de determinados puntos quentes que alí se atopan.

  6. eva.br Dixo:

    Unhas semáns despois de que o volcán de El Hierro deixase de expulsar materiais, volveu a expulsalos xunto co cambio de tonalidade da mancha, pero desta vez, os piroclastos eran de maior tamaño ca os anteriores.
    Tamén parece ser que o volcán submariño formado a raíz destas anteriores erupcións se está a fundir, pero os científicos aínda non o poden dicir con exactitude xa que o robot que se pretendía levar para gravar a erupción non se pode sumerxir polo turbia que está a auga.
    Os habitantes desta illa xa se estaban a decatar do sucedido xa que tamén houbo algúns terremotos.

  7. laura_lopez Dixo:

    Moi ben, vexo que insistides na teoría do penacho un pluma térmico e o punto quente, agás Joaquín; por certo: moi curiosa a túa teoría, non a coñecía; podes dicirnos a fonte de onde a sacaches?
    Por outra parte, hai xeólogos que din que o punto quente non é a explicación do vulcanismo canario; Poderíades dicir por que? Que outras explicacións se dan?

  8. sara.f.br Dixo:

    A illa de El Hierro rexistrou o luns un novo terremoto de 3,9 graos na escala de Richter seguido doutos catro que superaban os 3 graos.
    Expertos confirmaron que estes seismos poderían ser o indicador dunha nova erupción.
    Din que a erupción non é inminente, pero se se chega a producir supón un risco importante para o ecosistema, xa que as altas temperaturas producirían a morte dos peixes. Pero eu penso que non afectaría a poboación.
    Se se produce unha erupción moi forte pode ser que medre a illa ou que se cree unha nova cara o oeste, preto de El Hierro.
    En calquera caso só podemos esperar para ver o resultado.

  9. ivan.br Dixo:

    Non creo que desas erupcións volcánicas salgan illas como caso das illas Hawai, pero no futuro pode ser que salga unha illa pequena.
    E por culpa dos terremotos producidos estanlle facendo bastante dano á poboación e mais ao fráxil ecosistema submariño.

  10. laura_lopez Dixo:

    Iván, falas como se os terremotos foran provocados polos seres humanos. Sobre os danos á poboación e ao ecosistema mariño xa se falou algo, pero:por que cres que non se vai formar unha nova illa? Poderías argumentalo?

  11. laura.r.br Dixo:

    Nestes días a auga descendeu 3 puntos na escala do ph, isto é que a auga é mil veces mais ácida do normal. Unha auga oceánica que estea baixo o seu nivel de pH pode ter un gran impacto na vida mariña como pode ser en : corais, almexas e caracois. Credes que pode haber algunha consecuencia mais debido a diminución do pH da auga mariña??

  12. gustavo.br Dixo:

    Este descenso do pH da auga débese o aumento de dióxido de azufre (SO2) emitido polo volcán, e este descenso tan brusco pode provocar que as augas alcalinas da zona adquiran un maior grao de acidez que pode provocar a morte dos seres vivos que habitan a zona e o aumento das poboacións de medusas, que proliferan en augas de alto grao de acidez e pouco osixenadas, e que poderían provocar problemas ós habitantes da zona e ós turistas.

  13. noelia.c.br Dixo:

    O pasado 15 de octubre, encontraron piroclastos (material sólido proveniente dunha erupción volcánica) da erupción submariña flotando en superficie. Isto levou a moita xente a preguntarse se nos encontramos ante o nacemento dunha nova illa.
    Non hai que esquecer que todas as illas do arquipélago canario empezaron do mismo modo, polo que pensar nunha nova isla non é unha idea tan desatinada. De feito, xa ocorreu en 1963, en Islandia. Se a erupción volcánica de El Hierro da lugar a unha nova illa ou non, depende do tamaño da cámara magmática e de que o magma continúe saíndo polo mismo foco.

  14. marina.br Dixo:

    Cando falamos de volcáns tendemos a pensar na expulsión de gases, lava e lume ó ar na superficie terrestre. O caso destas erupcións na Illa do Hierro, no arquipélago das Canarias, é algo diferente, posto que se producen debaixo do mar, máis non por iso únicas (exemplos deste tipo de volcáns podémolos atopar na Illa de Leuzón, Filipinas, ou nas Illas de Sanwich, Océano Pacífico). Trátase, pois, de volcáns submariños. Esta é a diferenza fundamental. Os volcáns submariños fórmanse ou pódense dar na plataforma continental ou noutras do fondo mariño. Cando os materiais da erupción se elevan sobre o nivel do mar pódese formar unha illa, aínda que isto non sempre ocorre, pois nalgúns casos, os materiais emerxen para desaparecer axiña debido a erosión do mar. Tamén danse casos nos que a lava nin sequera chega a emerxer. Por todo o dito, hai varias posibilidades: a) quizáis, nun futuro, estas erupcións chegarán a crecer ata transformarse nunha nova illa; b) tamén é posible que o magma existente se una a propia Illa do Hierro, aumentando as súas dimensións actuais ; c) ou simplemente que quede en puras erupcións. Son procesos longos, que quizáis non chegaremos a ver.
    Rittman, un vulcanólogo moi importante, considera que os gases constitúen a forza intramagmática de enerxía nos procesos volcánicos, que se mide pola proporción de material expulsado, duración e permanencia do fenómeno. Tendo en conta isto, dado a manifestación moi limitada da actividade magmática na Illa do Hierro, a erupción volcánica non parece ser demasiado grave e perigosa para os habitantes da illa, que, por se acaso, foron evacuados en varias ocasións, aínda que xa regresaron as súas casas.
    Queda por saber as consecuencias reais da erupción, a toxicidade dos gases sobre o medio ambiente e a saúde dos que alí viven, así como avaliar as perdas económicas que se poden dar nunha poboación dedicada á pesca e ó turismo.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.