O segredo da flor de loto.

No reino vexetal existe unha propiedade compartida por diversas plantas chamado o “efecto loto”. Que, de forma resumida é a capacidade de autolimpar sus follas grazas a unha tupida red nanoscópica con cualidades superhidrofobicas e dicir, que repelen o auga. Grazas a esta cualidade, descuberta polo botánico Wilhelm Bartlott, nos anos oitenta e noventa comezaron a desenvolverse os primeiros materiais biomiméticos, cabe indicar que a biomimética é a ciencia encargada de resolver  problemas imitando a natureza, a través de modelos ou sistemas.

Penso que quizá non sexa casualidade que o loto sexa unha figura tan destacada  en tantas lendas xa que ademais do seu potencial estético, serviu tamén como fonte de inspiración para o desenvolvemento de materiais téxtiles intelixentes que son nada máis e nada menos que o desenvolvemento de prendas capaces tanto de manter o calor e protexer o corpo, así como eliminar as bacterias, protexer dos raios UV, ata evitar lesións entre moitas outras sorprendentes funcións. Tamén é o suficientemente versátil para aplicarse en cristal, papel, silicona e hasta látex.

Ben, tamén vos contarei que as funcións e o estudo do efecto loto van moito máis lonxe  xa que hoxe en dia os científicos creen que a súa tecnoloxía permitirá o manexo de células nai, xa que anteriores estudos comprobaron que o sangue así como os cultivos de células con proteínas non se adhiren á superficie. Tamén creen que podería contribuír ao descubrimento do “destino” das células nai, é dicir, o tipo de célula especializada na que se manifesta ao desenvolverse. Coñecer todo isto podería abrir moitas novas portas no campo da medicina e da ciencia.

 Resultado de imagen de efecto loto

fonte: Texas A&M Today

 

UN MOLUSCO XIGANTE ENTRA EN PERIGO DE EXTINCIÓN

A nacra perdeu o 90% da súa poboación:

imagen

A nacra pertence a lista dos moluscos máis grandes do planeta, esta é orixinal do Mar Mediterráneo. Fai uns anos esta entrou na actualizada Lista Vermella de Especies Ameazadas da Unión Internacional (UICN) para a Conservación da Natureza. A nacra clasifícase na categoría de “perigo crítico”. Esta foi directa a esta categoría sen pasar polas anteriores debido a que xa estaba nun estado catastrófico causado por un patóxeno ( organismos capaces de provocar enfermidades). Actualmente poderíamos dicir que só quedan nacras na zoa do Delta do Ebro e no Mar Menor. Nas outras zoas do Mediterráneo, anteriormente poderíamos atopar millóns de unidades pero actualmente só se puideron atopar 10 exemplares con vida.

Todo isto comenzou no 2016 cando na Costa Española apareceu unha mortalidade masiva que se espallou por todo o Mediterráneo e acabou matando a millóns de bivalvos. Para os científicos este patóxeno causoulle moitas dubidas debido a que eles non sabían se era una especie nova nin de onde viña. O máis impactante foi que os moluscos que podían vivir máis de 20 anos comezaron a morrer no seu primeiro ano de vida.

Actualmente a lista de especies do UICN está composta por 112.432 especies das cales 30.178 están en perigo de extinción. Os científicos da UICN din que a causa de que esta lista este aumentando é o cambio climático impulsado pola actividade humana. O cambio climático é o que provoca fenómenos meteorolóxicos extremos que afectan as especies e as súas hábitats.

______________________________________________________________________________________________

Opinión persoal: Principalmente elixín esta noticia porque resaltoume o seu título e pareceume interesante saber a cerca do perigo de extinción que están sufrindo os molusco porque eu non tiña o coñecemento de que estaban en perigo de extinción e grazas a esta noticia he aprendido máis acerca de esta especie.  Ademais pareceume ben facer unha noticia sobre os perigos  de extinción que hai hoxe en día para que a xente se de conta de que nós somos os causantes de todo isto, o peor de todo é que non nos estamos dando conta de que despois vamos a ser nós os que recibiremos as consecuencias.

- Coñecías que a nacra e outros moluscos están en perigo de extinción? Que solucións aportarías?

Fonte: EL PAÍS

 

OS EEUU PON FREO Á DEPRESIÓN!

Que é a depresión?

Segundo a OMS (Organización Mundial da Saúde), máis de 300 millóns de persoas no mundo sofren depresión. Esta, é unha enfermidade que se caracteriza por ter sentimentos de pura tristura, perda de interese, imposibilidade de desfrutar… Adoita ser infradiagnosticada e confundida con problemas momentáneos, e ao non ser tratada, moitas veces leva ocasionado o suicidio.

É por isto que, a Food and Drug Administration estadounidense, aprobou o primeiro medicamento antidepresivo de acción rápida. Trátase dun spray nasal que permite loitar contra ás depresións máis graves (adultos que non melloran con ningún medicamento ou terapia, existentes). Chega sendo o primeiro avance en 30 anos para «tratar esta debilitante enfermidade mental».

Este medicamento, contén Ketamina (fármaco que se utiliza como anestésico e permite combater os pensamentos suicidas). Era utilizado antes en clínicas privadas nas que o paciente ingresaba uns días con facturas superiores aos 5.000 euros. Grazas á comercialización da esketamina (cun potencial aditivo moito menor que o da Ketamina), regularizouse esta situación, permitindo que o coste dos tratamentos sexa asumido polos servizos da saúde pública e privada.

Trouxo bos resultados?

Os estudios demostran que a esketamina mellora os síntomas da depresión das persoas que non melloraron con outros tratamentos, tanto ao longo como ao curto prazo. Aproximadamente o 70% de todos os pacientes tratados responderon ao tratamento cunha redución de síntomas do 50%. A metade de tódolos pacientes alcanzaron á remisión con poucos ou ningún síntoma de depresión.

Ademais a súa seguridade considerouse aceptable e, os seus efectos secundarios, manexables. Debido ao risco de que os pacientes usen incorrectamente o medicamento e se volvan adictos, este estará só dispoñible cunha receita especial e supervisión médica, con dúas ou tres pulveirizacions en cada fosa nasal, dúas veces por semana, catro semanas.

(OS BENEFICIOS SON MAIORES QUE OS RISCOS).

CONCLUSIÓN:

Decidín escoller esta noticia porque, ademais de interesante, pareceume bo que por fin visibilizarase un pouco máis esta enfermidade que da lugar a tantos suicidios dos que non somos conscientes, e tamén tratar de buscar unha solución para evitalo.

FONTES:

- (Xornal): La Voz de Galicia

-(Páxinas):https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2019/03/06/estados-unidos-lanza-antidepresivo-forma-spray-nasal/00031551861384067433875.htmhttp://www.info-farmacia.com/actualidad/desarrollo-y-conciencia-social/antidepresivo-administracion-nasal-esketamina-spravato

imagen

 

O cambio climático podería estar a contribuír na infección dun fungo mortal nos humanos.

 

Candida Auris

Na natureza, son moitos os seres vivos que padecen de enfermidades causadas por fungos. Non obstante, os mamíferos nunca tivemos problemas dese tipo grazas ás nosas altas temperaturas corporais e fortes sistemas inmunolóxicos.

Desafortunadamente, investigadores comezan a detectar probas de que o quecemento global está axudando a eses fungos na loita contra a calor.

O fungo “Candida Auris” (do que a miña compañeira Arian fala noutra interesante entrada) apareceu no ano 2012 de forma simultánea en África, Asia e Sudamérica. Cada continente contaba con distintas versións (distinto material xenético) dunha mesma especie. “Isto demostra que non foi un fungo estendido por viaxeiros” foi a conclusión á que chegou o microbiólogo Arturo Casadevall.

Dito fungo pode producir perigosas infeccións de sangue, cerebro e corazón. Estas poden determinar a morte un 30-60% das veces xa que algunhas son resistentes a tratamentos antifúnxicos. En Xullo de 2019, os investigadores reportaron de forma online na plataforma mBio que, neste punto, algunhas versións do “Candida Auris” xa soportan e poden desenvolverse nos 37ºC do corpo humano. 700 casos foron detectados en E.E.U.U. dende o ano 2016, pero este fungo conta con casos en máis de 30 países.

“No noso planeta hai millóns de especies de fungos e o feito de que se estean a adaptar a temperaturas máis altas pode traernos novas e perigosas enfermidades” teme Casadevall con toda a razón do mundo.

Que pensades? Podería chegar o día no que un fungo prexudicial para os seres humanos evolucionase e non puidéramos facer nada contra el?

Fonte:  https://www.sciencenewsforstudents.org/article/climate-change-may-be-aiding-deadly-fungus-infecting-humans

 

A NOSA SAÚDE OU A DO PLANETA? ESA É A CUESTIÓN.

Segundo a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), o sector gandeiro contribúe significativamente o total das emisións de gases de efecto invernadoiro.

imagen

Para que vos fagades unha idea, a gandaría por si soa emite practicamente os mesmos gases de efecto invernadoiro coma todo o transporte mundial.Aos gases da gandaría hai que engadirlle os que produce o resto da industria cárnica, coma as emisións relacionadas indirectamente coa actividade gandeira, como as orixinadas pola deforestación para o cultivo de pensos ou o transporte de mercadorías. Barcos que traen soia de Brasil, por exemplo, camións que a transportan ata as explotacións gandeiras, outros camións para levar aos animais ao matadoiro… Despois, máis transporte para chegar ás cadeas de distribución e as casas, incluso máis barcos e avións para exportar a carne a outros países. Sí, algúns dos produtos destes animais volve aos países onde foran criados e onde se cultivou a soia.   ¡Unha auténtica loucura! Non credes?

Ademais de, monopolizar a terra cultivable, cerca do 75% da superficie agrícola está destinada á gandaría, tanto en forma de pastos, coma para producir pensos. Por así decilo, estamos transformando a Amazonia en filetes baratos: o 80% da deforestación atribúese á actividade gandeira.

Tamén, contaminan a auga cos seus zudres, antibióticos, fertilizantes e pesticidas. Ademais, a gandaría demanda altas cantidades de auga. Por exemplo, para producir un 1kg de filete de tenreira son necesarios 15.000 litros de auga, mentres que para producir 1 kg de cenouras fan falta 131 litros.

A carne industrial ten un elevado custo ambiental, pero non só afecta ao planeta, o consumo de carne tamén pode ter graves efectos na nosa saúde.                                                                                                                                                                                                         Algunhas das repercusións para a saúde da produción e consumo excesivos de carne:

  • O consumo de carne vermella (65% da consumida mundialmente) e procesada está asociado ao incremento de enfermidades non transmisibles coma o cancro, obesidade, diabetes tipo II, enfermidades cardiovasculares…
  • A inxesta dunha porción diaria de carne vermella incrementa un 31% o risco de sufrir un infarto.
  • As enfermidades transmitidas por alimentos contaminados como a salmonelose, están asociadas ao consumo de alimentos de orixe animal e en particular ás aves de curral.
  • A preocupante resistencia dos humanos aos antibióticos estase desenrolando debido ao mal uso destes medicamentos no gando saudable e, lamentablemente, na UE é en España onde máis se utilizan. Só na UE as bacterias resistentes matan cada ano a 25.000 persoas.
  • Polo menos un 30% das persoas que traballan nas granxas industriais padecen de  asma e bronquite
  • Unha granxa de 1.000 vacas produce tantos excrementos coma unha ciudade de 300.000 habitantes. Os excrementos do gando contaminan os cursos da auga, deixando a moitas poboacións sen aceso a un recurso vital como é a auga.

Bueno despois desta reflexión é obvio que hai unha relación entre a explotación da industria cárnica respecto ao cambio climático e a nosa saúde. A única solución ante este grave problema, é un redución drástica do consumo e polo tanto da produción de carne.

Pero vos que opinades?, Cal sería o principal motivo para reducir o noso consumo de carne? A nosa saúde ou a do planeta?

 

A contaminación tamén nos afecta aos ósos!

Un novo estudio do Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal) demostra que as partículas contaminantes PM2,5 (Material Particulado) están relacionadas co risco de padecer osteoporose, unha enfermidade na que se produce unha diminución da masa ósea, xa que os ósos se volven máis porosos. Isto fai que sexan máis fráxiles e rompan con facilidade fronte a golpes e caídas.

imagen

Os investigadores analizaron durante 3 anos a exposición ambiental e a calidade de ósos de 3.717 persoas de entre 34 e 37 anos da India, un dos países con máis contaminación. En moitos casos encontrábanse signos de osteoporose debido a que as partículas PM2,5 do aire reaccionan cos ósos e provocan moitas cavidades, xa que provocan estrés oxidativo e inflamación nos ósos.

Aurelio Tobías, investigador do Instituto de Diagnóstico Ambiental e Estudos da Auga do CSIC e líder do proxecto, afirma que é unha gran novidade, xa que non hai moitos estudos sobre como afecta a contaminación aos ósos e tamén unha alarma para actuar contra a contaminación, pero hai que seguir facendo máis estudos en Europa.

Este é un problema moi grave, e xuntando todos os perigos que ten a contaminación, a xente ten que empezar a concienciarse sobre o dano que facemos tanto a nós mesmos como a outros seres vivos e empezar a facer máis cousas para mellorar.

Vós pensades que esto pode chegar a pasar aquí en España? Sabiades que a contaminación podía chegar a afectar aos ósos?

Fonte: El País 3/1/2020

 

AS ROCHAS ANDANTES

                                                                             O MISTERIO DAS ROCHAS ANDANTES

Rocha Racetrack Playa

 Hoxe quero compartir convosco unha noticia sobre xeoloxía que me chamou moito a atención. Cando a comentei na casa o meu pai díxome que fora un dos misterios que mais lle romperán a cabeza na súa adolescencia. Trátase da resolución dun misterio que, despois de máis de dous séculos de dúbidas, queda aclarado agora grazas un equipo de paleontólogos da Universidade de Columbia.

No ano 1896 os habitantes de Racetrack Playa, no Valle de la Muerte, California, déronse conta de que había unhas rochas, algunhas de mais de 500 quilos, que se desprazaban durante algúns metros deixando una marca no lodo, mais sen que houbera restos de pegadas humanas, nin que existise ningún precipicio nin desnivel que puidese explicar este movemento.

Por fin sábese o que ocorre en realidade: segundo os expertos, este proceso ten lugar no inverno, cando as choivas diarias crean unhas balsas que, ao chegar a noite,  pasan a ser unha fina capa de xeo. O desxeo encárgase do resto. Só fai falta un pouco de vento  para que as rochas se movan a unha velocidade de 2 metros por segundo (unha delas incluso chegou a moverse  224 metros durante un inverno). A evaporación da auga da choiva e do desxeo posterior son os responsables de que quede gravado na terra o recorrido destes colosos de pedra .

A proba de que este fenómeno ven sucedendo desde millóns de anos é que no interior das rochas sobreviven pegadas de dinosauros e comunidades microbianas, segundo os análises que se fixeron dalgunhas das rochas.

Interesante, non?, Un misterio menos para resolver.

Fonte: El confidencial.com

 

Un loro xigante viviu fai 19 millóns de anos

O loro máis grande do mundo, de case un metro de altura e sete quilos de peso, viviu fai uns 19 millóns de anos en Nova Zelandia, un lugar coñecido polas súas aves xigantes prehistóricas, segundo un estudo publicado en Australia.

 

imagen

O loro extinto foi bautizado co nome de Heracles inexpectatus, en alusión ó deus-heroe da mitoloxía grega (Hércules, na romana) de extraordinaria forza e o inesperado do seu achado, segundo un comunicado da Universidade de Nova Gales do Sur (UNSW, siglas en inglés) con sede en Sídney. “Heracles, ao ser o loro máis grande, sen dúbida tivo un enorme pico que podía abrir de par en par para o que se lle antollara, e pode que se alimentara con algo máis que comida convencional para loros, incluídos outros loros”, dixo Mike Archer, da UNSW.

Tamén apuntaron que ó estar na cúspide da cadea alimenticia, Heracles puido desenvolver unha dieta moi variada que ía máis alá das froitas.  Os expertos sinalaron, non obstante, que fai 20 millóns de anos non había grandes mamíferos e que, como a maioría de loros, probablemente Heracles se alimentaba de plantas. O loro xigante viviu nun bosque subtropical rico e diverso con moitas especies de palmeiras e loureiros que sen dúbida lle proporcionaban unha rica variedade de froita.

Heracles foi descuberto cerca da localidade de St Bathans, no extremo meridional da Illa Sur neocelandesa entre fósiles que datan de fai 19 millóns de anos. O xacemento, que é coñecido por aloxar fósiles de aves do período do Mioceno, é a única ventá a un hábitat prehistórico con animais e paxaros terrestres que poboaron Nova Zelandia desde que os dinosauros habitaron o noso planeta fai 66 millóns de anos.  Ademais, segundo sinalan os paleontólogos que levan escavando o xacemento durante 20 anos, cada ano atópanse novas aves e outros tipos de animais.

Un descubrimento moi interesante, por que credes que se extinguiu? Credes que atoparán máis novas e sorprendentes especies?

http://www.rtve.es/noticias/20190807/hallan-loro-gigante-vivio-hace-19-millones-anos-nueva-zelanda/1976799.shtml

 

As sestas longas, relacionadas coa diabetes

A sesta é unha práctica común en moitas partes do mundo, especialmente na rexión mediterránea. Ata agora, unha sesta curta –de menos de media hora- relacionouse con potenciais beneficios sobre a saúde. Non obstante, unha nova investigación publicada no Journal of Clinical Medicine establece unha relación entre o tempo que se dedica á sesta e o desenvolvemento de diabetes de tipo 2 nas persoas.

imagen

Os expertos observaron que, en comparación con non facer sesta ou facelo durante menos de 30 minutos, existe unha maior prevalencia de diabetes tipo 2 e un maior índice de masa corporal e circunferencia da cintura con cada aumento de 10 minutos na súa duración.

O ensaio clínico foi realizado en 2190 participantes de avanzada idade que tiñan sobrepeso e síndrome metabólico, un grupo de afeccións que aumenta o risco de desenvolver problemas cardiovasculares e diabetes tipo 2. Segundo apuntou o investigador principal do CIBEROBN, Jordi Salas, a sesta foi avaliada de forma obxectiva mediante a colocación de acelerómetros (un aparello que detecta a actividade física ou sedentaria realizada ao longo do día).

Anteriores traballos xa mostraban como unha sesta curta pode mellorar o estado de alerta, o rendemento e a función cognitiva, así como reducir o risco de mortalidade. Jordi Salas tamén sinalou que o problema chega cando prolongamos a duración da sesta, especialmente máis de 60 minutos ó día; xa que esta é a duración que se asociou cunha maior morbilidade e mortalidade en comparación coa ausencia de sestas ou as sestas máis curtas.

A investigación está enmarcada no proxecto PREDIMED PLUS (Prevención con Dieta Mediterránea-Plus), un programa intensivo de cambio de estilos de vida para perder peso e previr enfermidades cardiovasculares.

Polo tanto, se somos de durmir sesta debemos controlar o tempo que botamos durmindo, pois se nos pasamos pódenos traer consecuencias moi prexudiciais para a nosa saúde. Que credes vós?

http://www.rtve.es/noticias/20190802/cientificos-relacionan-siestas-largas-mayor-prevalencia-diabetes-tipo-2/1976492.shtml

 

Correr, a mellor maneira de loitar contra a obesidade

Un estudo realizado a partir dunha mostra de 18.424 persoas de entre 30 e 70 anos conclúe que correr con regularidade é o mellor exercicio para controlar a obesidade en individuos cuxa xenética lles fai máis propensos a esta.

Os resultados desta investigación publícanse na revista Plos Genetics e os seus autores sinalan que, con este traballo, as persoas que herdaron xenes vinculados a aumentar as probabilidades de ser obesas teñen “a esperanza de manter o peso”.

 

imagen

O estudo está liderado por Wan-Yu Lin da Universidade Nacional de Taiwán e no que se identifican os tipos de exercicio que son especialmente efectivos para combater os efectos xenéticos que contribúen á obesidade, explica á revista nunha nota de prensa. Esta enfermidade é unha cuestión “difícil de controlar” en xeral en todo o mundo porque, recordan os científicos, é o resultado das interaccións entre a xenética e o estilo de vida dunha persoa.

Os médicos a miúdo recomendan o exercicio, pero non está claro, engaden  os autores do estudo, que tipo de exercicios son os mellores para frear o aumento de peso en individuos cuxa xenética os fai máis propensos á obesidade. Con esa premisa, os investigadores analizaron as interaccións entre a xenética e rutinas de exercicios.

Os científicos examinaron, ademais, cinco medidas relacionados coa obesidade: o índice de masa corporal, o porcentaxe de graxa corporal, a medida da cintura, a da cadeira e a proporción cintura-cadeira, e atoparon que trotar con regularidade era o mellor tipo de exercicio para controlar a obesidade, de acordo a estas cinco medidas.

Ademais, viron que o montañismo, camiñar, camiñar con intensidade, certos tipos de baile e longas prácticas de ioga tamén poden reducir, en concreto, o índice de masa corporal en individuos predispostos á obesidade. O traballo revelou que, sorprendentemente, o ciclismo, os exercicios de estiramento e a natación, non contrarrestaron os efectos xenéticos sobre ningunha destas medidas.

En xeral, o estudo suxire que cando se trata de obesidade, a xenética non é onde unicamente hai que mirar, e que os seus efectos poden verse diminuídos con varios tipos de exercicio regular. Os autores tamén apuntan que os beneficios do exercicio físico regular son máis impactantes en aqueles suxeitos que están máis predispostos á obesidade.

Investigacións anteriores demostraron que a actividade física frecuente reduce os efectos xenéticos da obesidade, pero estes estudos centráronse só no índice de masa corporal. Este novo traballo considera outras catro medidas de obesidade que están máis estreitamente relacionadas cos problemas metabólicos, recordan os seus autores. “Dado que a obesidade segue sendo un grave problema de saúde pública, non se pode exaxerar os beneficios do exercicio”, conclúen.

E vos que pensades? Non vos chamou a atención os deportes que se recomendan, e os que non aportan beneficios?

http://www.rtve.es/noticias/20190802/correr-mejor-ejercicio-para-individuos-cuya-genetica-les-hace-mas-propensos-obesidad/1976523.shtml